Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

O ruído do exterior como pretexto para pasar do de Ribadeo




Mentras en Ribadeo o pleno do luns segue a dar titulares, atopámonos conque o alcalde celebrou un pleno sorpresa a continuación do primeiro o mesmo luns, sen público e coa finalidade de adquirir os terreos de ERSA para un aparcamento a baixo prezo, recalificalos e construír, despois de procurar os correspondentes permisos en Santiago. Algo así como a mafia da construcción no mesmo concello. De calquera xeito, paŕeceme peor que o pelotazo urbanístico o que se diga que o pleno xa rematou e se pida ós concelleiros que queden mentres a xente que está de espectadora abandoa a sala. Eso xa non é secretismo, é ocultación intencionada. Por outra beira, xa non me causa sorpresa despois de ver as actuacións do alcalde no concello.
De calquera xeito, o título vai por outo sitio. En Vigo, unha persoa maior (setenta anos), hastiada da movida e os efectos sobre o seu negocio e sobre si mesma, tirou á rúa unha bombona de butano. Non pasou nada, pero lóxiamente, armouse, e agora está a ser o xuízo. Normal que haxa xuízo: non se pode permitir. Pero comprensible que a tirara: o dano da movida é difícil comprender dende fóra, cando non se sufre. E mentras vai a xuízo, a movida seguiu e produxo hai pouco un morto.
As fotos, dun edificio que está a comezar no xardín. Un día destes estará rematado. E da biblioteca pública da Veiga polo interior, un edificio que a min sempre me chamou a atención e que abrangue asemade o auditorio. Unha escaleira de caracol illada no centro e algo móbil da acceso a un primeiro piso con pasillo en galería interna, e de aí, por escaleiras normais a un segundo piso coa zona central de viro (polo que se camiña) e ó terceiro piso, un baixocuberta que se ve na imaxe.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *