Ás veces, a profesión de periodista da unas táboas ou unha visión que se escapan ós demáis na procura de titulares. Algún de hoxe así mo confirma: nesta entrada aludía ó pleno municipal de luns, e hoxe os titulares de prensa din en relación ó mesmo tema:
“Vacas pide ayuda al juez para derribar el exceso de altura de un edificio”. Elocuente, cando foi o xuiz quen llo remitiu a el.
“Dudas sobre el cumplimiento del decreto que obliga a restituir una parte del viejo murallón”. O mesmo, cando dixo no pleno que lle aclararan de que se trataba (ver dúas entradas antes e tamén esta nova). Completa o titular cun primeiro párrafo que coincide na redacción da miña nota cara ó alcalde para ‘aclaración’: “A finales de febrero Pérez Vacas firmó un decreto ordenando la restitución, de forma inmediata y con el mismo material, del exceso del murallón del casco viejo derribado al hacer un garaje”
“El alcalde dice que la obra de Coto en A Lodeira sigue paralizada por el Concello” é o titular, ó que se axusta despois: “Una de las claves de este asunto podría estar en que las obras sólo se habrían detenido en la tercera planta, la ilegal, mientras prosiguen en las otras dos.” É dicir, de paralización, nada.
Tamén aparece un tema que non puxen en relación ó pleno: a autovía e a circunvalación van ben. a circunvalación rematará antes de fin de ano. A autovía, no tramo de Ribadeo a Barreiros, en marzo. Cun pequeno axuste: semana arriba, semana abaixo.
Non me lembro ben se se escribía Pinocho ou Pinocchio, estou en dúbida mesmo de se existiu un conto con tal nome que poda ser aplicable a este caso. Ogallá non sexa aplicable, aínda que as sinais parecen evidentes.
Por certo, hoxe é o último mércores nun tempo no que se fai o mercado coa distribución de postos normal en Ribadeo. Dous meses é a previsión.
Un titular alleo a Ribadeo especifica que “El paro amenaza a los investigadores que han cumplido el plan contra la ‘fuga de cerebros’”. Cando se cumple cos plans, pasan estas cousas. Se non se cumprira, é posible que outro galo cantara: experiencia collida en Ribadeo, aplicable a unha nova a nivel nacional.