En poucos metros pódese ver un Ribadeo diferente. Depende da zona, orientación da mirada e interpretación do que se ve. Collamos unha zona: o xardín. Unha orientación: sur. A interpretación, vós mesmos…
Dúas fan parexa: dúa vías, unha cortada dende hai case dous anos (coido que xa os cumpre, pero non estou seguro) e outra e obra continuada e cortes de circulación e demais dende unha época parella. Á súa beira, unha madeira branca, pórtico de capela que non ollou pintura dende que a capela foi restaurada a cargo (dalgún xeito) de calvo Sotelo, hai… 18 anos? a lembrar que a pasarela do cargadeiro está peor con menos anos de descoido, pero máis achegada ó mar. O contraste, unha curiosidade: parece que para ter o título de mantible para o parque (neste caso, o parque sería o de indianos), hai que recortar as palmeiras, e a moda neso debe ser ‘de cabeza ronda’, como se pode contemplar na foto.
Nun Ribadeo que traballa pola igualdade (de xénero, como aparece estes días no periódico), outros departamentos do concello poden traballar pola igualdade (de ocupación da rúa) ou de trato en xeral ós cidadáns, o día despois de que dimitira Rumsfeld, que moita xente creía que era o alter ego de Bush, ou o seguinte de ser anunciada a ‘estación marítima rías altas’ para Ribadeo (poderei nadar na ría e cruzar ó Tesón o próximo ano ou a parte de ser perigoso como xa teño comentado, estará tamén prohibido?)