Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Sobre unha xuntanza (non en Ribadeo), un batiburrillo no pobo


Os alcaldes reuníronse co subdelegado do goberno… como resultado, pretenden que no verán se usen zonas de costas (dominio público) para aparcamento ou que a G.C. realice os atestados que lle corresponde á P.L. é dicir, os alcaldes piden axuda saltándose o espazo pública e botando balóns fóra. Ó tempo, queren traer máis turismo (pode que para que invadan máis o territorio público que están pedindo que se use en funcións inadecuadas) e pretenden ampliar horario de pubs (cando saben as súas propias limitacións para gardar o orden e o descanso dos veciños). Algo así como nenos pequenos que primeiro queren xogar e logo cambiar as reglas do xogo ó seu favor. A xente grande, trata de prever e facer unhas reglas do xogo estables e manexables, e úsaas. Un exemplo en contra? O RAMINP/ordenanza municipal contra a contaminación acústica de Ribadeo prové dun bon exemplo.

Hoxe é mércores, e hai que ver como están os aparcamentos, incluído o provisional da Rosalía de Castro. Os cartos para solucionalo tamén se pretende que veñan de fóra, pero o importante parece ser que veña máis xente: ó fin, Ribadeo é un ‘municipio sostible’.

Ademáis, ACISA ‘aclara’ o horario de verano de pubs e bares, e esta tarde comezan as xornadas de patrimonio.

E eu comecei a poñer en http://ribadeo.webcindario.com/ máis cousas sobre Hernán, neste caso, escritos sobre a atribución do nome ó auditorio. Dificultades técnicas fan que aínda non esteñan OK, pero para comezar… (a lembrar que no outono/inverno, tras unha longa listaxe de varias entradas consecutivas, puxen un 50 documentos no blog)


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *