Ribadeo: catro policías municipais máis durante dous mesmes de verán (nin siquiera durante ‘o verán’) Na realidade, nin eso: algúns axentes estarán de vacacións. É ese o cumprimento da ampliacón de vixiancia a tódalas noites do ano que se fixera por parte dos daquela candidatos ó goberno municipal? Non. vale, outro incumprimento do alcalde.
Hoxe é a xuntanza sobre os ruídos: non é a primeira, xa convocara outras das que saíron acordos incumpridos por parte do goberno municipal e pubeiros. O que pasa, parece ser, e que cada vez convoca a máis xente relacionada cos pub (xa comentei o caso de ACISA) e menos cos ruídos. Parece que só protestamos tres. Probiños de nós, debemos estar desquiciados, loitando tres contra unha morea de locais, unha asociación empresarial e o concello, que está claro o bando no que se atopa, e claro, loitando tamén co ruído a parte de traballar día a día. Falando de bandos nos que se atopa o concello: coñezo só unha persoa á que lle chegara a invitación a participar, sacándome a min. De seguro que os pubeiros as coñecen a todas.
Ata hoxe calei na prensa sobre a xuntanza desta tarde, por respeto á institución convocante. O alcalde actual xa men ten demostrado que non merece tal respeto facendo filtracións sucesivas ou actuando sen ningunha consideración. A partir desta tarde, xa veremos o tema.
Ven moi ben hoxe na prensa unha nova a carón do que remato de dicir: As televisións emitiron o ano pasado máis de dous millóns de anuncios. eso, anuncios. Algúns máis chamativos que a programación normal. Outros, máis verídicos. Pero eso: anuncios.