Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Dúas rúas, unha cita, un novo Ribadeo




As dúas fotos corresponden á travesía Suso Peña e á Rúa Suso Peña (a que está en curva), ambas en San Lázaro e entroncando unha coa outra: así se decidiu o outro día no pleno do concello ribadense, en base a unha proposta veciñal que se materializará en dúas semanas, coas actividades en lembranza de Suso.
Inconexa co anterior, unha cita que levo apuntada dende o fin de semana pasado, con cantautor Raimon (Raimon Pelegero), que seguro que coñecen quenes viviron o principio da transición en España: “Acábase a dictadura, pero a loita pola democracia non se remata nunca”. E nesas estamos, esixindo máis democracia para facer unha sociedade mellor. Lector, súmaste? Así cumpriríase entre outras posibilidades, a terceira parte do título de hoxe: ‘un novo Ribadeo’


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *