Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Pleno vacío en Ribadeo


Estes días, e ata a próxima semana, ando con pouco tempo… o que non me impediu onte ir ó pleno. Moitos temas tratados en clave, para que non se entendan dende fóra (eso parece), contestacións crispadas ou desdeñosas no mellor dos casos, … como exemplo, un botón: as dúas preguntas de O Tesón, nunha foi negada información en base á lei cando coido que se deu información ós empresarios en circunstancias semellantes (teño que comprobalo), e noutra, a resposta prácticamente implica unha privatización da oficina de turismo, aínda que polo momento siga tendo atención por parte do Concello… As preguntas:

1.Dado o carácter público da Oficina de Turismo e o funcionamento no seu interior dunha oficina privada, solicitamos coñecer o convenio asinado entre ambas entidades, coas contraprestacións acordadas.

2.Dada a presentación do PXOM na Xunta e a supresión de datos na páxina web correspondente, e polo tanto, ignorancia das modificacións realizadas en temas diversos, como a ampliación na parte sur de Mirasol do peirao comercial ou a supresión da escolleira dos Bloques, por poñer dous exemplos na mesma zona, o mantemento do parque sen cambios ou o recollimento só parcial do recheo na parte norte de Mirasol, solicitamos coñecer as modificacións respecto ó xa presentado no seu día ós veciños.

Hai que ver tamén outras respostas e o tono empregado nelas. É unha mágoa que o pleno estivera case vacío de público (5 persoas, sen ningún periodista entre elas) estoume aficionando a ir, e realmente ‘apréndese’ moito.

 De Hernán Naval, espera de ser colgado no sitio web de Hernán:

BREVE GUIA DE REFERENCIA CRONOLÓXICA NOS ANOS RIBADENSES

  • 1988 Iniciativa civil privada particular e vecinal para recuperar a Banda de Ribadeo.

  • 1989 Constitución dunha comisión xestora para criar unha Academia de Música. Iniciase a captación do socios cunha gran e masiva resposta social.

  • Comezan os contactos para conquerir director – profesor (La Comarca del Eo 28/5/89) Nota informativa sobre os contactos profisionais e acordo co mestre Hernán Naval para encargarse de dirección e docencia dunha academia privada para a formación musical dos asociados até acadar o nivel necesario para a posterior criación dunha banda de música. Pártese de 0 é dicir a formación inicial dos futuros músicos e nula na mayoría dos casos. Para iso criarase unha academia de música.

  • Formación da sociedade Amadores da Música (la comarca; 10/9/89) entidade civil, privada e sin ánimo de lucro cuxos obxectivos son a creación e mantenimiento dunha academia privada de música e a criación e mantenimento dunha Banda de música, así como o cultivo da música entre os seus asociados.

  • Criación da academia de música ”Carlos Alvarez Fdez. – Cid” e posta en marcha da mesma (17/9/89; la comarca) que depende estatutariamente da asociación Amadores da Música que se manten con as cuotas dos seus asociados. O único requisito para receber clase nesta academia dalgún instrumento de banda era pagar unha cuota anual á asociación.

  • Primer curso académico 89/90 na Academia Carlos Cid (la comarca; 25/8/90). Educandos examinados no conservatorio de Viveiro. O ser o centro oficial de ensino máis proximo e para ir conquerindo as papeletas que acrediten a superación dos cursos oficiais e o nivel esixido.

  • Presentase o proxecto de futura banda de música e segundo curso na academia Carlos Cid 90/91

  • 1992 Presentación banda de ribadeo 25/1/92 director Hernán Naval.

  • Banda de Música e Concello de Ribadeo asignan un convenio de colaboración e a banda pasa a chamarse municipal. A academia Carlos Cid continua a funcionar e segue dependendo de Amadores…

  • 1993 Criación dun centro oficial de ensinanza musical de titularidade municipal. Escola Municipal de Música. DOGA do 5 de novembro

  • 1994 Congreso de bandas, espectáculo nocturno d e imaxe e son, clausura do primerio curso na escola municipal de música,

  • 1995 madrid, barcelona,… I festival d ebandas; como aquí nen en viena; cambio de governo Lisboa

  • 1996 dimisión e outros, páxina en internet, timbres no concerto de fin de ano guitarras electricas o 17 de maio

  • 1997 V aniversario da banda, presentación da Contrabanda, gravación e edición e n solitario do primeiro Cd da banda. Proxecto de banda infantil e orquesta de corda da escola municipal de música. Oviedo

  • 1998 compatibilidade laboral

  • 1999 Aranjuez comezo de ensayos para expedición noruega big band

  • 2000 AGEMM vicepresidente, encontro de músicos europeos en noruega a escola perde unha subvención hernán naval senador banda da federación galega músicos da BSMR seleccionados hernan subdirector a contrabanda cede un piano dixital a escola de música e comeza o proceso de elaboración de seu traballo multimedia.

  • 2001 gravación de dous discos compactos pro parte da banda….. pasamento

    Ligazóns ó listado de entradas sobre Hernán (ata o momento):
     

    Hernán Naval, escritos e prensa VII

    Hernán Naval, escritos e prensa VI
     

    Hernán Naval, escritos e prensa V
     

    Hernán Naval, escritos e prensa IV
     

    Hernán Naval, escritos e prensa III
     

    Hernán Naval, escritos e prensa II
     

    Hernán Naval, escritos e prensa I

    Breve guía de referencia cronolóxica nos anos ribadenses

     


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *