Para rematar o día, unha primicia. As fotos do trozo de cantil caído esta mañá, camiño do faro. Non puiden cargalas antes, que tomadas xa están desta mañá.
—
E, como sempre que poda, ata que remate o material que teño preparado, un artigo sobre Hernán. Por certo, que moitas veces poño ‘Hernán Naval‘ de xeito complementario: é polo tema de posición nos buscadores.
Data: 28/5/89 | Fonte: La Comarca del Eo |
Título: ACADEMIA DE MÚSICA-BANDA DE MÚSICA NOTA INFORMATIVA | |
Autor: A COMISIÓN XESTORA | |
Descrición: nota informativa sobre a posta en marcha do futuro proxecto de banda | |
Comentarios: participando na xestora o mesmo posteador. |
ACADEMIA DE MÚSICA-BANDA DE MÚSICA
NOTA INFORMATIVA
A situación actual das xestións que ven levando a Comisión Xestora resúmese nos puntos seguintes:
-
– Contratación do director-profesor: despois de entrar en contacto con distintos profesionais mantiveronse varias entrevistas con D. Hernán Naval Parapar e finalmente o pasado día 19 de maio chegouse a un acordo co profesor Naval para que se faga cárrego da dirección da Academia e Banda de Música de Ribadeo.
O profesor Naval ten 26 anos, é natural e veciño de Viveiro e o seu vitae como músico profesional exponse a continuación:
Anexo
HERNAN NAVAL (Currículum vitae)
Estudios oficiales realizados:
5º de Solfexo polo Conservatorio Profisional de Música de A Coruña.
5º de Trompeta polo Conservatorio Superior de Música de Madrid.
5º de Piano polo Real Conservatorio Superior de Música de Madrid.
3º de Harmonía polo Conservatorio de Madrid
2º de Historia da Música polo polo Conservatorio de Madrid.
2º de Estética Musical polo Conservatorio de A Coruña
2º de Conxunto Coral polo Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela.
Curso de Historia do Arte e da Cultura no Conservatorio de Santiago.
Curso de Acústica Musical no Conservatorio de Santiago.
Curso de Repentización, Transposición e Acompañamento no Conservatorio de Santiago
Diplomado en Trompeta e máis en Piano polo Conservatorio de Santiago.
(Todo este expedente académico pode ser avaliado pola correspondente certificación oficial, mesmo incluindo calificacións.)
Traxectoria profisional:
Trompetista e percusionista da Banda Municipal de Música de Viveiro, na que chegou a desempeñar funcións de sub-director. Durante algún tempo formou parte da Xunta Directiva desta agrupación. A pertencia desde os 9 anos á Banda de Viveiro serviulle para hoxe coñecer a técnica e manexo de todos os instrumentos empregados nas bandas populares.
Director da Coral Polifónica do CIT (Centro de Iniciativas Turísticas) de San Cibrán (Cervo)
Director da Escolanía do Coléxio público de EXB do Vicedo, en formación.
Profesor do Conservatorio de Música de Viveiro.
Autor dunha série de obras polifónicas para Coro mixto, das que ten estreado as cancións “Abrelle a porta o día” (sobre un poema de Dario Xoán Cabana) e “Sirena” con letra de Mario Benedetti.
En breve sairá do prelo un poemário do escritor Miguel Sande (en Ed. Galaxia) que inclúe un “lieder” composto por Hernán Naval sobre o poema final do libro.
Ten traballado como arranxista para orquestras de música lixeira
Ten publicados artigos sobre Música e Cultura en diferentes publicacións galegas.
-
– Legalización da asociación: O pasado día 4 de maio remitiuse ao Goberno Civil o proxecto de estatutos coas modificacións indicadas pola autoridade gubernativa ao texto presentado anteriormente. Estamos pendentes de recibir a aprobación definitiva restando despois a inscripción da sociedade no rexistro da Consellaría de Cultura.
-
– Iniciación de actividades: As clases e actividades iniciaranse despois das festas patronais, coincidindo co comenzo do próximo curso escolar. Crearanse varios grupos de estudo e ensaio según os niveis e coñecimentos musicais dos educandos.
Coa finalidade de programar horarios e organizar grupos compre que os socios se poñan en contacto con calqueira dos membros da Comisión Xestora e faciliten datos de afiliación, teléfono e coñecimentos musicais. As clases serán tres días por semana en horarios de tarde (entre as seis e as nove da noite aproximadamente).
Recórdase que poden apuntarse todalas persoas que o desexen, de calquer edade, sexo e coñecimentos musicais tanto os que non saben nada como os que saben solfeo ou dominan un instrumento. Somente se esixe darse de alta como socio.
-
– Próximamente a Comisión Xestora convocará unha Xuntanza de socios onde se dará conta pormenorizada de tódalas xestións realizadas e faráse unha presentación pública de D. Hernán Naval.
-
– Finalmente queremos invitar a todos aqueles que esteñan de acordo cos fins da sociedade para que se den de alta como socios, dado que sin caer en excesivo optimismo parece que estan conseguíndose os obxectivos propostos.
A Comisión Xestora
Ribadeo, 20 de Maio de 1989