Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Homenaxe a Suso Peña



Hoxe foi a primeria xuntanza en prol da homenaxe a Suso Peña. Non sei como foi, pero sabereino: teño intención de participar, incrementando tamén a entrada que xa está na Galipedia.
Hoxe tamén foi a actuación do Nadal na igrexa. Non me saíron fotos decentes, a que poño pode que sexa a mellor…
Só un comentario máis. Chamoume a atención por primeira vez o do censo e estiven mirando o tema. Parece que se aplicaba naqueles tempo só á xente libre, e iso significa que a familia de Xesús o era, e pagaba a pena a viaxe porque o censo era algo así como o certificado da liberdade. Dixeron que o Xordán desemboca no Mar de Galilea e na realidade fáino no Mar Morto, pero eso é o de menos nunha xuntanza deste estilo.
Tamén anunciaron a carreira pedestre de fin de ano (S. Silvestre); dame mágoa porque este ano non poderei ir: será a primeira (vez) que fallo dende a primeira (carreira).
Digital Universe? Coido que non ten que ver coa Wikipedia (ou a súa versión galega, Galipedia) porque de xieto mergullado pretende negocio, a parte de que ó non permitir que colabore toada a xente, a xente ‘interesante’ sempre será en moito menor cantidade que se participa todo o mundo, e, … e moitas máis cousas, pero de calquera xeito, sinto interese en ver a súa traxectoria no futuro, máis que nada para ver se non me equivoco.
Por certo: dous anos despois de enviar un escrito ó Concello (22/12/03) , despois de non poder ser usado no congreso de EnCiGa (Ensinantes de Ciencias de Galiza), etc, comeza a reparación da cúpula de Sta. Cruz…
Como comentaba a noite pasada, quérennos actualizar/modernizar/europizar o horario. Por eso, hoxe escribo algo máis cedo… :-).
Como o prometido é débeda, o artigo relacionado con Hernán:

Data: 18/05/2001

Fonte: In memoriam-O Son do Pobo abril-xuño 2001, collido de El Progreso/A Mariña de 18/05/01

Título: Hernán, o noso infiltrado

Autor: Pablo Villapol

Descrición: Nota nostálxica, artigo. Un artigo escrito ó día seguinte do pasamento ó calor dunha amizade. Autorización dada telefónicamente polo autor o 14/02/03

Comentarios: –

Un día non hai moito tempo, decateime de que a Hernán gustáballe a palabra “infiltrado”, ou a lo menos, que a empregaba de cando en vez, a pesares de non ser desas de uso corrente. Comenteillo, e díxome que podía ser, pero que nunca o pensara. Agora que Hernán xa non virá máis a botar unha parrafada á delegación desta casa en Ribadeo, penso que esta carallada di moito del. Non era home que fose de usos correntes, era, desde logo, un tipo moi fóra do corrente. Tanto, que chegou a ser consecuente entre o que pensaba, o que facía e o que dicía. Cunha intelixencia á marxe de toda dúbida, nunca foi quen, a lo menos ante min, de ser nin siquiera un chisco de fachendoso en todos estes anos. Se non sabía algo, dicíao e punto. E en certo xeito, teño que dicir que él mesmo foi tamén un pouco un infiltrado nesta vida, un home sobresaínte e emprendedor entre a vulgaridade na que me incló e o deixarse ir que tanto adoecía. Ó final, fallouche un corazón que fervía por demasiadas cousas. Onde carallo estés, hei poñer un swing e lembrarme de ti.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *