Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Imaxes de Ribadeo, hoxe



Se algo non se pode negar sobre Ribadeo a día de hoxe é que está en obras. Tanto públicas como privadas, as obras inundan Ribadeo. Diríase que o importante non é par que facelo, senón sinxelamente obrar. Como mostra, dúas fotos de dúas obrar, unha pública e outra privada. A pública, a de soterramento dos contedores de lixo preto da antiga cárcre, entre esta e o parque de S. Francisco. Esta obra, a piques de rematar, representa unha especie de experiencia para máis adiante ir soterrando os contedores de recollida de residuos ó longo de todo Ribadeo. As variadas bocas coas que conta seguro que meterán a máis dun nun apreto por non saber onde botar os seus refugallos domésticos. ou pode que mesmo por non querer botalos uns pasos máis aló, ou por non querer facer a separación oportuna: cos contedores actuais xa se nota que a separación é algo por facer como é debido, a pesares que se ten avanzado moito en tempos pasados.
A outra obra é n edificio de vivendas fronte ó colexio das monxas, no que se pode ver o volume que será construído. pola estreitez das rúas, non é posible sacar unha perspectiva que non sexa aérea da zona limítrofe entre obra e rúas. vai a deixar por algúnha beira algo máis de espazo libre do que tiña n principio o campo adicado á cosntrucción, pero non moito más. E gustariame saber, ter idea, de ónde vai todo o material escavado. E por que segue en outras obras (non en esta) unha morea de terreo público ocupado. Nestesenso, a obra que produxo vai un ano o corte da avenida de Galicia segue a ocupar unha rúa, a dificultar o paso por outra e a coller un fronte duns cantos mentros de fondo na mesma avenida de galicia (en principio, deixara como unha protección para o paso de peóns; logo, tamén eso foi ocupado…)


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *