A foto parece unha imaxe algo idílica: nenos xogando un verán no Cantón, coa xente sentada pracidamente ó fondo. A realidade, os cativos están xogando no pouco Cantón que lles queda, despois de sucesivas ampliacións de superficie mesada. O fenómenos de ocupación de espazos públicos por mans privadas é algo que se está convertindo en común en Ribadeo: baste mirar ás peonís, cada vez máis invadidas, ó derradeiro poste sinalizador en Porcillán, cun prohibido ó paso a toda persoa non autorizada, ó recheo permitido, … máis terreo para algúns, menos para a maioría. Ata cando?
Xa soterraron ó soldados mortos en Afghanistán, e aínda non se sabe se foi accidente ou disparo. parece mentira a tardanza, cando o primeiro día un dos supervivintes deu noticia dun ataque. Mentres, en Ribadeo remata on/off, cun grande despregue de medios subvencionados pola Unión Europea. Non vexo a relación entre os fins do festival e o Leader, e eso que me gustan as curtas e a movida foi ben feita.
Por certo, ADEGA pide que non se constrúa a piscifactoría de Rinlo. De seguro voltaremos sobre eso outro día.