• Indecisión

    Ata para decidir o título deste artigo me vexo atacada pola indecisión. Semella que é unha afección común, unha condición do ser humano moderno abrasado pola gran variedade de escollas que representan unha escaseza espiritual epidémica. A indecisión é conxénita ou adquirida? Nacemos ou facémonos. Penso que nacemos algo dubitativos como instinto para a aprendizaxe…

  • Tecnodiversidade: a miña panadería que sexa local, e os meus servizos dixitais, tamén

    Este fin de semana baixei á vila para ir a unha manifestación en apoio a Palestina. Eramos os mesmos de sempre pero tivo un bo efecto xa que, como estamos na costa e o verán se inaugurou, as rúas comezan a encherse con turistas, quen non tiveron outra que escoitar as nosas consignas. Non todo…

  • Lamarr revolucionou o cine, impulsou a enxeñería e plantoulle cara a un nazi.

    Lamarr foi unha persoa que sen formación ningunha e tendo a súa carreira laboral orientada arredor do cine, conseguiu facerse un lugar na historia das invencións deseñando en colaboración con George Antheil un sistema de control por radio. Grazas á súa curiosidade e talento, a tecnoloxía deu un primeiro paso para que hoxe gocemos da…

  • Non vos desesperedes, é só a adolescencia da humanidade

    Como, con tanto coñecemento acumulado, nos comportamos tan salvaxemente? Se consideramos toda a humanidade como a un único ser vivo e comparamos as épocas históricas coas etapas de vida dun humano, atopamos suficientes similitudes coa adolescencia. Estamos nun momento histórico no que, no seu conxunto, a sociedade posúe abundante coñecemento sobre unha infinidade de disciplinas,…

  • Que pasará cando as empresas de IA cobren regalías?

    O individuo pode empregar un modelo de linguaxe longo (LLM) con liberdade ata que se lle pida asinar un contrato de colaboración no que unha cláusula o obrigue a pagar regalías por cada unidade distribuída. Daquela, o único beneficiado dos avances da intelixencia artificial será o dono dese modelo de linguaxe. Unha táctica xa inventada…

  • Por que, tras ser case esquecidos, o pensamento máxico e a poesía están agora a ser reconsiderados?

    O pensamento máxico e a poesía están a ser reconsiderados ao atopar neles as metáforas necesarias para articular ideas complexas nunha linguaxe sinxela, ideas xa reflexionadas nun momento histórico de pouco coñecemento técnico. Digo técnico porque daquela o coñecemento era espiritual e profundo comparado coa ciencia ou coa superficialidade que hoxe nos dominan. A linguaxe…

  • De súpeto, o ruído enférmame. Como facía eu antes?

    Eu tamén saín de festa. Fun a discotecas e movinme entre aglomeracións. Eu tamén estiven en concertos e locais nos que falar era todo un reto. Agora, pola contra, resúltame inimaxinable meterme neses ambientes. Resúltame pouco desexable. Resúltame incrible que algún día o fixera. Como facía eu antes para facer tantas cousas tan estimulantes? Estoutro…

  • Un catalizador de cambio: a agricultura rexenerativa demostra aforros e moito potencial para derrubar algún que outro lobby

    A adopción deste novo sistema agrario ten o potencial de desestabilizar os poderes hexemónicos da economía. Se por unha inercia de maximización de beneficios se implementa a agricultura rexenerativa, o lobby da industria química perderá a súa influencia. Por un lado temos unha mellora da alimentación e do ecosistema e por outra unha mellora da…

  • O que as renovables non poden substituir

    Con todo isto pretendo poñer en relevancia a necesidade de reducir o consumo de derivados do petróleo en ámbitos nos que prescindir del non supón unha decisión de vida ou morte xa que polo de agora existen servizos que dependen del.

  • Que é a tecnoloxía para o ben común?

    O discurso popular está dividido en dous. Os que defenden as posibilidades dun progreso tecnolóxico para resolver os problemas que afectan actualmente a vida na terra e os que negan a posibilidade dun futuro ecolóxico cun emprego xeneralizado da tecnoloxía. Se cadra todos teñen razón e todos están errados. Comezamos a ser conscientes de que…