• Por que, tras ser case esquecidos, o pensamento máxico e a poesía están agora a ser reconsiderados?

    O pensamento máxico e a poesía están a ser reconsiderados ao atopar neles as metáforas necesarias para articular ideas complexas nunha linguaxe sinxela, ideas xa reflexionadas nun momento histórico de pouco coñecemento técnico. Digo técnico porque daquela o coñecemento era espiritual e profundo comparado coa ciencia ou coa superficialidade que hoxe nos dominan. A linguaxe…

  • De súpeto, o ruído enférmame. Como facía eu antes?

    Eu tamén saín de festa. Fun a discotecas e movinme entre aglomeracións. Eu tamén estiven en concertos e locais nos que falar era todo un reto. Agora, pola contra, resúltame inimaxinable meterme neses ambientes. Resúltame pouco desexable. Resúltame incrible que algún día o fixera. Como facía eu antes para facer tantas cousas tan estimulantes? Estoutro…

  • Un catalizador de cambio: a agricultura rexenerativa demostra aforros e moito potencial para derrubar algún que outro lobby

    A adopción deste novo sistema agrario ten o potencial de desestabilizar os poderes hexemónicos da economía. Se por unha inercia de maximización de beneficios se implementa a agricultura rexenerativa, o lobby da industria química perderá a súa influencia. Por un lado temos unha mellora da alimentación e do ecosistema e por outra unha mellora da…

  • O que as renovables non poden substituir

    Con todo isto pretendo poñer en relevancia a necesidade de reducir o consumo de derivados do petróleo en ámbitos nos que prescindir del non supón unha decisión de vida ou morte xa que polo de agora existen servizos que dependen del.

  • Que é a tecnoloxía para o ben común?

    O discurso popular está dividido en dous. Os que defenden as posibilidades dun progreso tecnolóxico para resolver os problemas que afectan actualmente a vida na terra e os que negan a posibilidade dun futuro ecolóxico cun emprego xeneralizado da tecnoloxía. Se cadra todos teñen razón e todos están errados. Comezamos a ser conscientes de que…

  • Xuntanzas pequenas con grandes resultados

    A dinamización cultural é unha tarefa pouco valorada. Os dinamizadores acostuman a dispor de poucos recursos pero sobre todo de pouco tempo, xa que a miúdo se considera unha tarefa para ser feita como ocio. Tamén require moito agarimo por parte dos organizadores, deben coñecer o recanto cultural que se pretende exercitar e vivir preto…

  • 1984-Ser vixiado ou expoñerse ao máximo

    Na novela de George Orwell a imaxe do Gran Irmán está en todos e a súa presencia pódese palpar nesa vixilancia que experimentan e sofren os protagonistas. Fose ou non a intención do autor, a figura do Gran Irmán dálle corpo a esa absoluta influencia que o mandatario dun réxime totalitario ten sobre os seus…

  • Os que desexan un algoritmo nas súas RRSS fano porque non saben soñar.

    Controlar o teu algoritmo, iso ao que chaman vontade, é unha responsabilidade que a maioría non quere. É moito máis fácil mirar a pantalla e esperar a que te alimenten con contido variado, rápido e cheo de emocións fortes. Decidir que facer no día a día, e na vida, tampouco é apetecible. Para a nosa…

  • As siglas da ESO cambiaron de sentido, agora significan Educación de Soldadiños Obedientes

    Fai uns quince anos que rematei o instituto e as cousas cambiaron moito, o que non sei é se fun eu a que observa o mundo doutro xeito ou é o ensino o que mudou. Non me refiro aos modelos de educación senón ás sutilezas que os acompañan. Antes eu cría que o estudo era…

  • Atopei inspiración da boa grazas a empregar este software libre

    Latex “en modo creativo” Vouvos a contar como explorei a miña creatividade dun novo xeito grazas a empregar unha ferramenta de maquetado que respeta a miña arte. Latex pasou de ser unha ferramenta técnica para facer a “parte aburrida” do maquetado a converterse nunha fonte de creatividade coa que conseguín darlle á miña última obra…