Sabes que é o que busca un lector na primeira páxina do teu libro?
n
Unha vez máis estás a repasar a primeira páxina da túa novela. Xa cambiaches o comezo tantas veces que che resulta imposible identificar os puntos clave que lle proporcionarían ao lector unha boa impresión. Por riba, sabes que esa primeira impresión fará que o lector se decida ou non a ler o libro e determinará, en parte, a actitude coa que o lerá.
n
Por iso é importante ter claro que é exactamente o que busca lector habitual nesa primeira páxina. O lector fíxase en tres puntos principais:
n
1. De quen é a historia?
n
Na maioría dos casos o lector namórase dunha historia ao identificarse coa personaxe principal. Ese vínculo emocional afianza a atención do lector polo que é conveniente presentar á protagonista o antes posible, sendo a primeira páxina o lugar máis axeitado.
n
2. Que está pasando?
n
A única maneira de conseguir que o lector desexe ler máis é xerándolle unha dúbida que desexe irremediablemente resolver. A mellor dúbida de todas é preguntarse cales son as consecuencias dunha acción acabada de iniciar. É así que nesa primeira páxina a personaxe protagonista debería iniciar unha acción inesperada con posibles consecuencias.
n
3. Que é o que está en perigo?
n
Ver unha personaxe en acción non será suficiente se non coñecemos o a súa motivación. A protagonista debe darnos algunha pista sobre aquilo que desexa protexer ou acadar. Cando o lector ten esta información será capaz de comprender e identificarse mellor coas accións da personaxe.
n

nn
Podemos ver que en verdade o lector non precisa moito para agasallarnos coa súa atención pero aínda así non é tan sinxelo atrapalo dende a primeira páxina. Aquí comparto con vós algúns consellos que me foron dados e que me funcionaron dende o primeiro momento en que os empreguei.
n
I. Comezar cun golpe.
n
O lector abre un libro porque quere entrar nun novo mundo. A mellor maneira de interesalo é introducíndoo de golpe nunha situación de esmorecemento vital. É dicir, un momento no cal a protagonista se ve obrigada a actuar xa que a súa vida, alguén próximo ou algo de gran importancia para a protagonista está a perigar.
n
II. Crear as preguntas adecuadas.
n
Xa falamos que xerar dúbidas no lector é importante. Agora vamos intentar afinar o tiro escollendo a mellor pregunta posible. E como se fai iso? Simple, asumindo que o teu lector non é parvo. Non precisamos inventarnos un misterio moi complicado para que unha historia resulte interesante. É dabondo con racionar a información que lle proporcionamos ao lector dando pequenas pinceladas e deixando que a imaxinación do lector encha os ocos. As propias personaxes poden facerse preguntas que non serán respondidas ou falar con naturalidade sobre algúns aspectos da trama ou das súas vidas que o lector aínda descoñece. Se logo somos capaces de manter a coherencia na nosa historia, é recomendable xerar varias dúbidas no lector que logo se resolvan progresivamente segundo avanza a novela.
n
III. Os detalles específicos sustentan a historia.
n
Cando repasas o comezo do teu libro por centésima vez xa deberías saber exactamente cal é a temática da túa novela. Pois ben, a primeira páxina é o lugar idóneo para mencionar o tema da obra. Mais non podemos xeneralizar, debemos comunicar a temática tomando a nosa protagonista como exemplo específico da mesma.
n
“To hold the brain’s attention, everything in a story must be there on a need-to-know basis.” – Lisa Cron –
n
“Para manter a atención do cerebro, todo o contido nunha historia debe ser relevante para a historia.” Evitaremos por tanto as reflexións vitais e calquera outro desvío que nos afaste da liña principal da historia. As persoas non pensamos en términos xerais e abstractos, pensamos en imaxes específicas e en situacións concretas. Por iso, calquera idea conceptual, abstracta e xeral que teñamos e desexemos integrar na historia, deberá ser convertida en algo tanxible na experiencia específica que vive a protagonista. Sempre que unha información nos permita coñecer mellor a un personaxe ou nos explique mellor a trama, é relevante. Se non aporta ás personaxes ou á trama, non o queres na túa novela.
n

nn
O último consello é o mellor
n
“Whenever possible, tell the whole story of the novel in the first sentence.” – John Irving –
n
A primeira vez que o escoitei pareceume un despropósito. “Cando sexa posible, conta toda a historia na primeira oración da novela.” Nunha soa frase? Imposible! Iso non se pode facer! Como vas a contar un libro enteiro nunha soa frase?n.n.n.nTranquilos, xa entrei eu en pánico por vós. Isto ten unha explicación.nDo mesmo xeito que presentas á personaxe protagonista ou a temática da novela o que aquí se pretende é presentar o argumento da mesma. Nunhas poucas palabras trataremos de resumir en que vai a consistir a viaxe da protagonista. Non nos temos que preocupar demasiado por xerar misterio, unha única oración non da para revelar gran cousa.
n
n
Ex.: Sen deterse a observar a persoa coa que tropezara, Xavier entrou no xulgado de paz e dirixiuse rapidamente á recepción ignorando que meses despois os seus miolos serían esparexidos por aquel mesmo mostrador.
n
n
Se analizamos este exemplo vemos como cunha soa frase coñecemos ao protagonista (Xavier), sabemos que está a facer (tropeza cunha persoa descoñecida e entra no xulgado de paz) e sabemos o que periga (a súa vida). Tras esta primeira oración pódense crear novas dúbidas e completar con detalles máis específicos.
n
n
Ex.: A administrativa non estaba. Saíra cinco minutos ao cuarto de baño, segundo dicía un papeliño colocado estratexicamente xunto a un cunco de caramelos. Xavier colleu un e rillouno cos dentes coma se fose unha goma de mascar. De seguido colleu unha presada e continuou facendo o mesmo co resto dos doces. Non tiña tempo para esperar mais ía ter que facelo, os seus negocios dependían délo.
n
n
Cunhas pouca liñas máis xa coñecemos detalles concretos sobre Xavier (ten pouca paciencia e gústalle o doce). Tamén xeramos preguntas: Por que leva tanta presa? Que vai a facer ao xulgado da paz? Que pasará cos seus negocios se non o arranxa? Cales son os seus negocios? Non todas preguntas precisan ser resoltas de inmediato para comprender a situación que Xavier está a vivir dese xeito pódese continuar coa escena e manter o misterio. O lector xa ten unha razón para seguir lendo.
n
Aplicando estas estratexias non só na primeira páxina pero ao comezo de cada capítulo aumentaremos a tensión da experiencia literaria e a atención do lector durante toda a historia. Espero que estes consellos e exemplos vos axuden a comprender un pouco mellor a psicoloxía dos vosos lectores e que iso vos faga desfrutar aínda máis da escritura.
n
E para eses momentos nos que nos falta inspiración unha composición de violonchelo de Johann Sebastian Bachnhttps://open.spotify.com/track/17i5jLpzndlQhbS4SrTd0B?si=Ud0eNNbSTbCI7-8gdNJKDg
Deixa unha resposta