Categoría: Postmortem

  • Podo xogar ao xogo do «Gusanito»? Un repaso ao Marín Gaming

    Os días 6 e 7 de decembro levouse a cabo o evento Marín Gaming, de tono familiar e que contou cun espacio indie con desenvolvedores galegos. Levamos dous equipos (monitor + minipcs) para ensinar xogos feitos en Godot, pero ao final, triunfaron dous: Gatiños Igualiños e ¿Me querrías si fuese un gusanito? Despois de todo, o público principal foron nenos. Tiñamos outro repertorio, pero por preferir, prefiriron esos xogos (e mira que se intentou que lle interesasen outros!).

    Así que o xogo do verme nos acompañou os dous días como un fantasma vingativo. Pasaba xentiña polo stand preguntando polo dichoso xogo «¿Puedo jugar al juego del Gusanito?». E non votaban unha partida, non, resultáballes a cousa máis adictiva do mundo. E ademáis tivemos inventiva para sacarlle proveito ao xogo, a pesar do castigo que implica dous días de atender nenos sen supervisión paterna.

    Gracias á organización do evento (Lua Gaming) pudimos regalar unha camiseta cada día. Dimos a primeira delas o sábado pola tarde, cando un grupo de rapaces se picaron co xogo do «gusanito» que aproveitamos para improvisar unha competición con premio (o gañador acadou os 62 cm de altura, por se queredes intentar superalo). O domingo, en cambio, o reto era superar os 70 cm de altura, só acadado ata entón por Rafa, o seu programadoriñe. A cousa durou un suspiro, porque un entusiasta puso tódalas neuronas a funcionar e consiguiu superalo en cuestión de minutos.

    Como o público era, en maioría, nenos, estivemos pensando no reto que supón as novas xeracións xogar con teclado e ratón, xa que vimos en directo o que lle costaba a algún situar correctamente os dedos, e iso que os controis dos xogos eran sinxelos. Así que estivemos a pensar do necesario que é para próximos eventos levar mandos ou botoneras como as de arcade, para poñerlles facilidades. Ademáis, coas manazas que meteron nos teclados e no rato, houbo ocasións nos que se saían sen querer do xogo e pulsaban o que non debían. Así que o uso de controis poden ser unha forma de ter máis control sobre o que poden toquetear ou non os nenos e adolescentes nos nosos equipos.

    Tamén houbo nenos máis pequenos que xogaron cos seus pais e que non eran capaces nin de facer apenas click no xogo de Gatiños Igualiños, que posiblemente era o único xogo que puideron xogar no evento e que era adecuado para a súa idade. No fondo síntese satisfacción poder ofrecer aos máis meniños xogos e que puidesen xogas cos seus papás. Sairon moi contentos do noso stand. Así que para un futuro haberá que buscar máis xogos que precisen como moito un botón ou teñan compoñente táctil.

    Por otra parte, tamén viuse necesario ter xogos descargados e non executados dende navegador: non todos os eventos teñen porqué ter liña wifi.

    Erros e acertos

    O punto forte da actividad que ofertamos era que dimos de pleno no público do evento. Tiñamos xogos para todas as persoas que viñeron xunto a nós. Temos deberes para mellorar ao respecto, para seguir acercando Godot aos nenos (como o de levar mandos e iso), pero por outra parte, temos plena conciencia de que aquel público non estaba interesado en absoluto na creación independiente de xogos e menos aún en Godot… creo que debemos pensar de qué forma podemos comunicar esa información a xente nova e non tan nova que se sentaba connosco a xogar.

    Por último, queremos comentar que a organización tratounos estupendamente e agradecemos que contasen con nós. Creo que é un evento moi ben montado e teñen espazo tanto xogos máis actuais como xogos clásicos (houbo máquinas arcade e retroconsolas) cousa que se agradece moitísimo.

    Reaccións do Fediverso
  • Repaso da Juntança Godoteira 2025

    O pasado 29 de novembro de 2025 levouse a cabo a Juntança Godoteira 2025 como anunciaramos anteriormente neste blog. O día non acompañou e a choiva lastrou a participación do evento, reducíndose a una cita íntima. Afortunadamente, as persoas que asistiron tiñan nocións dabondo en Godot para poder seguir os faladoiros e obradoiros propostos. Con respecto os horarios oficiáis, sumouse un obradoiro do noso tesoreiro Martín Coego, quen nos ensinou a facer un laberinto procedural.

    A xornada comezou coa xunta firmado os Estatutos e a Acta Fundacional da Asociación Godoteires (xa era hora!). A continuación, a nosa presidenta Mariola Juncal inauguró a xuntanza con «Unha breve presentación de Godot a través dos seus xogos» e a reproducción do Godot Showreel 2024 (ollo que xa está dispoñible en youtube o de este ano!).

    Podedes ver esta presentación na súa conta de itch.io

    Logo realizouse o obradorio de «O FMV nunca morrerá, como importar videos a Godot sen morrer no intento» por Carlos Cortés, onde se estivo traballando con ffmpeg para a compresión de vídeos para empregar nos nosos proxectos e completando a información dispoñible na documentación do motor gráfico.

    Trala comida desenvolveuse o resto de obradoiros. Como o de «Interfaces de usuario en Godot» por José Manuel Ventoso, quen compartiu un proxecto dun obradoiro pasado para mostrarnos sobre él cómo elaborar interfaces. O resultado desde obradoiro pode consultarse aquí, así que tedes a vosa disposición o proxecto completo.

    Martín Coego fixo a charla de carácter máis técnico, programando un exemplo de laberinto como o que fixera para o seu xogo As herbas de San Xoan. Foi interesante ver paso a paso a súa construcción, problemáticas e resolución dos problemas máis comúns. A realidade e que o código resultante é sinxelo e efectivo, e o tedes dispoñible tamén para que o podades implementar nos vosos xogos.

    Rematou a xornada coa charla «Facendo un xoguiño (mal) sen morrer (espero) no intento» de Rafa Alcalde, quen nos explicou en qué consiste o seu traballo de fin de Máster: un afundir á flota en Godot con sistema multixogador. Os progresos acadados ata o momento prometen que o xogo non pasará desapercibido, máis o mellor non é poñer sobre a súa espalda ningunha presión, o tempo para rematalo e entregalo é limitado! Desexámoslle dende Godoteires a mellor das sortes e que lle poñan unha boa nota.

    Cabe destacar, por último, que en todo momento e duración do evento estaba dispoñible varios equipos para xogar diferentes proxectos feitos en Godot.

    Erros e acertos

    Debemos lamentar a baixa participación no evento, porque o evento coincidía ademáis co Culturgal (Feria de Industrias Culturales de Galicia). Así que non só a chuvia non foi o único obstáculo para encher o local. No obstante, tomamos nota de seguir promocionando os nosos eventos e intentar chegar ao público potencial empregando as ferramentas que temos ao noso alcance (fediverso e código aberto en xeral). En certo modo, estamos a renunciar a un inmenso público ao non empregar redes comerciales, pero o noso compromiso con ferramentas de código libre está por riba de iso.

    Como acerto, ademáis do increíble cartel e horarios con actividades interesantes, foi o local. A Gentalha do Pichel ten un sitio privilexiado, un auténtico fogar para a cultura do país e agradecemos infinitamente que nos deixaran pasar e que abriran as portas a Godot e a Godoteires.

    Nos próximos días se publicará en este espazo información do Marín Gaming, unha cita que tampouco nos perdemos (e a última cita do ano desta modesta asociación).