Repaso da Juntança Godoteira 2025

O pasado 29 de novembro de 2025 levouse a cabo a Juntança Godoteira 2025 como anunciaramos anteriormente neste blog. O día non acompañou e a choiva lastrou a participación do evento, reducíndose a una cita íntima. Afortunadamente, as persoas que asistiron tiñan nocións dabondo en Godot para poder seguir os faladoiros e obradoiros propostos. Con respecto os horarios oficiáis, sumouse un obradoiro do noso tesoreiro Martín Coego, quen nos ensinou a facer un laberinto procedural.

A xornada comezou coa xunta firmado os Estatutos e a Acta Fundacional da Asociación Godoteires (xa era hora!). A continuación, a nosa presidenta Mariola Juncal inauguró a xuntanza con «Unha breve presentación de Godot a través dos seus xogos» e a reproducción do Godot Showreel 2024 (ollo que xa está dispoñible en youtube o de este ano!).

Podedes ver esta presentación na súa conta de itch.io

Logo realizouse o obradorio de «O FMV nunca morrerá, como importar videos a Godot sen morrer no intento» por Carlos Cortés, onde se estivo traballando con ffmpeg para a compresión de vídeos para empregar nos nosos proxectos e completando a información dispoñible na documentación do motor gráfico.

Trala comida desenvolveuse o resto de obradoiros. Como o de «Interfaces de usuario en Godot» por José Manuel Ventoso, quen compartiu un proxecto dun obradoiro pasado para mostrarnos sobre él cómo elaborar interfaces. O resultado desde obradoiro pode consultarse aquí, así que tedes a vosa disposición o proxecto completo.

Martín Coego fixo a charla de carácter máis técnico, programando un exemplo de laberinto como o que fixera para o seu xogo As herbas de San Xoan. Foi interesante ver paso a paso a súa construcción, problemáticas e resolución dos problemas máis comúns. A realidade e que o código resultante é sinxelo e efectivo, e o tedes dispoñible tamén para que o podades implementar nos vosos xogos.

Rematou a xornada coa charla «Facendo un xoguiño (mal) sen morrer (espero) no intento» de Rafa Alcalde, quen nos explicou en qué consiste o seu traballo de fin de Máster: un afundir á flota en Godot con sistema multixogador. Os progresos acadados ata o momento prometen que o xogo non pasará desapercibido, máis o mellor non é poñer sobre a súa espalda ningunha presión, o tempo para rematalo e entregalo é limitado! Desexámoslle dende Godoteires a mellor das sortes e que lle poñan unha boa nota.

Cabe destacar, por último, que en todo momento e duración do evento estaba dispoñible varios equipos para xogar diferentes proxectos feitos en Godot.

Erros e acertos

Debemos lamentar a baixa participación no evento, porque o evento coincidía ademáis co Culturgal (Feria de Industrias Culturales de Galicia). Así que non só a chuvia non foi o único obstáculo para encher o local. No obstante, tomamos nota de seguir promocionando os nosos eventos e intentar chegar ao público potencial empregando as ferramentas que temos ao noso alcance (fediverso e código aberto en xeral). En certo modo, estamos a renunciar a un inmenso público ao non empregar redes comerciales, pero o noso compromiso con ferramentas de código libre está por riba de iso.

Como acerto, ademáis do increíble cartel e horarios con actividades interesantes, foi o local. A Gentalha do Pichel ten un sitio privilexiado, un auténtico fogar para a cultura do país e agradecemos infinitamente que nos deixaran pasar e que abriran as portas a Godot e a Godoteires.

Nos próximos días se publicará en este espazo información do Marín Gaming, unha cita que tampouco nos perdemos (e a última cita do ano desta modesta asociación).

Comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *