Logo da asociación: é o logo de Godot coa bandeira galega de cores

Somos oficialmente “user group” e anunciamos stand propio na Atlantic Games Conference

Temos dúas novas que contarvos. A primeira é que oficialmente somos un “user group” que aparece no directorio de grupos locais na páxina da Godot Foundation. Aceptaron a nosa proposta e no mapa que comparten estamos pineados como comunidade local e física en Galicia. É un recoñecemento pequeno, pero moi satisfactorio e sube a moral, para qué mentir.

A segunda nova é que estaremos na Atlantic Games Conference cun stand propio como asociación. A verdade é que é información que xa adelantamos en redes e no artículo previo, pero nunca está de máis adicarlle unha entrada propia no blog, por se pasa desapercibido.

Na Atlantic Games Conference podedes preguntar sobre o motor Godot, sobre a nosa actividade como asociación e disfrutar da selección de xogos feitos en Galicia e en España.

Captura do Instagram da Atlantic Games Conference. As datas son do 10 ao 11 de abril e saen logos de diferentes entidades nas que se inclúe Godoteires.

Levarase a cabo os días 10 e 11 de abril no Fórum de Carballo, Praza dos Bombeiros Voluntarios, Carballo, A Coruña. Na páxina de https://www.atlanticgamesconference.com/es/ encontraredes máis información e cómo chegar. A entrada é gratuita, pero o aforo é limitado (especialmente nos faladoiros).

Fediverse reactions

Comentarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *