Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.358 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: tecnoloxía

  • Por detrás da realidade

      Por detrás da realidade    Imos por detrás da realidade. Quizais na nosa terra máis que noutras partes, mesmo nalgunha parcela moito máis que nalgunha outra. Pero é algo xeneralizado. Estámolo vendo reflectido máis ás claras que nunca coa pandemia, pero é algo moito máis xeneralizado, non correspondendo tampouco só coa pandemia.     No…

  • Que define o éxito?

    Que define o éxito?     Máis dunha vez teño sentido que cousas que para min eran exitosas, para outra xente non o eran, e viceversa. Aí entran gustos, perspectivas, intereses… ó fin, diferentes criterios. Pero se a nivel particular podemos inferir todos eses flecos que fan diversa a resposta, podemos facelo asemade a nivel social?…

  • Mirando ó mundo: EEUU en precampaña

    Hoxe atopei unha páxina que permite mirar a política dos EEUU esta tempada e comprender algo máis do que alí sucede, incluídos o tiroteo antihispano de esta semana, e con esa comprensión, facerse unha idea de como funciona / consecuencias inducidas do tema por lugares máis próximos a estes lares. Trátase de https://2020campaigntracker.com, unha páxina…

  • Wikipedia:Comunicado 24 marzo 2019

    Estimada lectora, estimado lector, O 26 de marzo a Unión Europea votará se se debe proceder cunha proposta de directiva sobre os dereitos de autor que, se fose aprobada, danaría significativamente a Internet aberta que coñecemos. En lugar de actualizar as leis de dereitos de autor en Europa e promover a participación de tódolos cidadáns…

  • WWW e Ribadeo

    Lembroume onte o meu amigo Antonio Andina que hoxe, 13 de marzo, a web cumpre anos. E rescatei un vello artigo, ‘O comezo da historia de Ribadeo en internet‘, onde queda dito que ámbolos dous puxemos o noso gran de area nesa historia. Claro, o que se celebra hoxe, día 13 de marzo, é unha…

  • Ribadeo en Windows 10 spotlight images

    Remato de recibir a nova. Un blog, Windows 10 spotlight images, que acumula as imaxes decargadas dende Microsoft para o fondo de windows 10, ten como primeira imaxe a que presento abaixo, tomada dende o cargadoiro ó interior da ría de Ribadeo na que se ve a ponte dos Santos, o peirao deportivo de Porcillán…

  • Sen conexión co concello

    Este pantallazo que amoso é o que aparece se agora tento conectarme a http://ribadeo.gal/, a páxina web do concello de Ribadeo. Non sei o que tardará en amañarse, pero si teño unha idea aproximada de canto tempo leva así: unhas 48 horas. Para ser máis preciso, entre 40 e 60 horas. As caídas de páxinas…

  • Mirando dende Galicia, a ver se ves o mesmo ca min

    Deixo embaixo a toma de pantalla dos prezos de dominios de internet dunha empresa (Dinahosting, pero foi casualidade, podería ser outra). E, para corroborar que non é a única na que como mínimo debo dicir que noto ‘algo raro’, deixo embaixo dela outra toma de pantalla posterior (esta vez de Dondominio): (enriba, Dinahosting, embaixo, Dondominio)…

  • O comezo da historia de Ribadeo en internet

       O outro día pedíronme o correo electrónico  para unha xestión. A outra persoa quedou sorprendida porque no correo que lle din aparece o 2001. Non lle expliquei que antes desa data xa tivera outras contas de correo, pero quedeime pensando sobre a chegada de internet a Ribadeo.     Hai unha parte, anterior á web,…

  • Mirando fóra: hoxe, corrupción

    De súpeto remato de atoparme un correo da Open Knowledge Foundation España ó partir do que chego a unha nova web interesante  neste mundo da apertura de datos en España: o ‘repositorio de datos sobre procesos de corrupción‘ do Consello Xeral do Poder Xudicial. Despois dunha primeira ollada, coido que os datos son máis ben…