-
Pola paz, maio de 2023

Unha vez máis, onte houbo xuntanza pola paz en Ribadeo. Esta vez, adiantada por mor da cita electoral do próximo fin de semana, e con algún despistado coma min ó que se lle pasou a convocatoria, polo que non deixo máis que o cartel e a foto de Suso Fernández como testemuña.
-
ILLA PANCHA BIC E OUTROS OBXECTIVOS. AVV Por Nuestro Faro

Foto de Suso Fernández ILLA PANCHA BIC E OUTROS OBXECTIVOS O pasado 3 de xaneiro solicitamos ó Concello de Ribadeo que comezara a tramitación para que o faro de Ribadeo sexa declarado Ben de Interese Cultural (BIC) en base á súa escaleira de caracol e balcón circular da lanterna, pezas feitas nas Antigas Forxas…
-
Derradeiro domingo de marzo: concentración pola paz mundial

Esta mañá houbo unha nova concentración en Ribadeo pola paz mundial. As fotos de Suso Fernández amosan o grupo formado ás 12:30 nas escaleiras do concello. Comezou falando Iván Rodríguez Lombardero e logo continuamos, entre outros, José Angel Salvatierra e eu mesmo. A presenza de xente de Navia propiciou o acordo de que a…
-
Da concentración pola paz mundial

Adxunto algunha foto tomada por Suso Fernández da concentración desta mañá pola paz mundial: Unhas trinta persoas. Falaron Evaristo Lombardero, José Ángel Salvatierra, Julio César (Casa Azul, Navia) e un activo xubilado de ENCE. E quedouse en rememoralo o próximo domingo de fin de mes de marzo. Houbo xente de Navia, e tamén…
-
Cinco anos

15 de xaneiro de 2018. Lémbraste que fixeches ese día? Era sábado. E en Ribadeo, algunha xente comezou unha andaina que aínda dura, porque non chegou ó destino. O destino: equidade cos maiores, equidade na atención pública, nos servizos. Como lembranza, Suso Fernández, integrante da plataforma asociada a MODEPEN en Ribadeo, colgou nas…





