-
Ribadeo ante o verán
Di a Concelleira de Turismo que nos pasados indianos a poboación de Ribadeo aumentou: as 40 000 persoas que di que pasaron implicaría que o sábado, día de maior concentración, a poboación de Ribadeo vila teríase cuadriplicado. Ós preto de 7000 habitantes teríanse incorporado unha cantidade equivalente a outras tres veces esa cifra. E iso,…
-
Invasión, versión 2017
A estas alturas, Ribadeo está cheo. A festa do glamour atrae e as redes sociais énchense de testemuñas sobre traxes e postureo, sorrisos e tapeo, collidas a voleo das posibilidades amplas que hai a disposición. Hai que recoller testemuñas diversas para ver otro tipo de impacto no pobo e saír da sala de teatro no…
-
A nova anunciada: Venres de indianos
Venres 7 de xullo. si, San Fermín. E os indianos en Ribadeo, que se nas edicións pasadas se presenteou multitudinario, este ano espérase ‘aínda máis.’ Embaixo quedan fotos do escaparate montado polo Hostal Presidente, a montaxe en preparación da r/San Roque, o cartel e o programa. Imaxe e nota de prensa do concello:
-
300 euros diarios
300 euros diarios. Segundo a nota de prensa do concello, ese é o éxito medio, cifrado en vendas, das casetas que participaron na IV edición da feira do libro de Ribadeo. ‘Uns 10 000 €’ entre 11 casetas, entre 3 días. Non sei a porcentaxe que lles queda ós libreiros, e polo tanto non podo…
-
Nova sobre as novas (… que tamén afecta a este blog)
Dende hai un par de anos, os lectores asiduos do blog observarán que non poño ligazóns a xornais. A razón é unha lei, que se verá afectada por unha decisión que se tomará pronto a nivel comunitario, que implica un pago por cita, e que, co gallo que querer exprimir a Google para que pagara…
-
Finde: de fóra en Ribadeo, e de Ribadeo fóra
Esta fin de semana acumuláronse en Ribadeo varias citas con aportacións externas ó pobo, e algunha na que Ribadeo aportou tamén para fóra. Aquí queda algo delas. A primeira, a celebración do ‘día do orgullo’. Así, sen máis, aínda que evidentemente, pola bandeira e pola nota de prensa, refírese ó orgullo do colectivo lgtb. O…
-
Servizos panameños para consumidor ribadense
Non sei se é unha campaña xeralizada, un erro de envío, unha campaña personalizada… pero levantarme e ver que me ofrecen, por correo electrónico, un servicio de asesoría en Panamá, deume por un momento un sentemento de corrupción e avantaxes fiscais ó tempo que de chanza que non é moi doado de describir. Só a…
-
Circunvalación de Mirasol: aberta (atención, a circunvalación, non o porto!)
Xa está aberta de novo a ‘circunvalación’ do porto de Mirasol. Que eu saiba non foi avisada, co que moita xente aínda non o saberá e seguirá facendo un rodeo se ten que desprazarse entre a Vilavella e a zona do paseo marítimo – Porcillán – estrada do faro. Polo momento vexo que está asentado…
-
Pedrógão, antes de despois
Só unha testemuña gráfica a partir das tomas dos satélites da ESA: antes e despois duns tres días queimándose. As fotos teñen preto de 40 km de alto cada unha. Na de abaixo están visibles as áreas queimadas e o lume activo en diversos focos.
-
Non o entendo. Sobre o camiño en Ribadeo
Non é serio. E non o entendo a non ser que se lle aplique un criterio exclusivamente económico. E aínda así, coido que é perxudicial. Hai tempo que sei que o camiño de Santiago sofre variacións totalmente interesadas no seu trazado. Pero non lembraba ter visto a evidencia xusto en Ribadeo. O cartel xa da…
