Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.422 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sociedade

  • Xeo en Ribadeo: pista, ano II

    Remata de pechar a segunda tempada da pista de xeo en Ribadeo . O parque deixará xa de estar ocupado despois de ver a montaxe no seu centro dende hai un mes. Agora, din, é cousa de botar contas. O ano pasado tivo un déficit de 12 000 €, asumidos polo concello. Este ano, segundo…

  • Sal no camiño das Aceas

    Hoxe sorprendeume o ver sal estrada polas táboas de madeira do camiño das aceas que ahi subindo dende a Vilavella ó Costal, Pola apariencia, tivo que ser botada como cedo, xoves. Imaxino que o que se procura é evitar o esvarar dos camiñantes, que nesa zona segue a ser perigoso a pesar de que este…

  • Dos canapés ós canapés

    A historia da última intervención nos canapés, recién rematada, en fotos. Os canapés levan xa unha pequena historia no blog. Estas fotos veñen a completala polo momento, despois de ‘o combate dos canapés‘ con fotos recentes e tamén outras de hai moitos anos, e ‘canapés‘, con outras recollidas de google. Nestas faise fincapé na maior…

  • Felicitación do concello

    Bonita e tradicionalmente ilustrativa:

  • Acoso

    Acoso? O problema medra se non hai un traballo para solucionalo. Traballo entre todos, social. Traballo que comeza na escola, con intervención temperá. Traballo que pode minimizar as secuelas… Desto e de moitas máis cousas relacionadas falaron onte os especialistas que interviron na mesa redonda sobre acoso escolar. O audio comeza despois de falar Sonia…

  • Funcionando como concello

    Luns pasado tivo lugar unha xuntanza da mancomunidade da Mariña. E a próxima semana, haberá outra. A unión de concellos mariñás é fundamental. A ‘antiga provincia de Mondoñedo’, como non se cansan de repetir persoas como Pablo Mosquera, chama por unha consideración conxunta tanto polas súas peculiaridades como pola desatención dende a lonxana e diferente…

  • A recuperación da formación agroecolóxica en Pedro Murias. Iván Rodríguez Lombardero e Antonio Villarino

       Vai para un ano que, a iniciativa de profesionais mariñáns de longa traxectoria e convocadas polo Concello de Ribadeo, diversas entidades relacionadas co medio rural xuntámonos para falar da deriva de abandono da Escola Pedro Murias de Ribadeo. Na xuntanza conviñemos que a Escola é un recurso de enorme valor para a comarca, que…

  • Do aforro de auga, por Iván Rodríguez Lombardero

    CC by 2.0. Autor: Angie de Sawara, Chiba-ken, Japan A auga é un elemento da natureza cun papel moi relevante nos ecosistemas. Imprescindible para a vida, é axente de erosión e transporte de sedimentos e nutrintes desde o continente cara ó mar, sen os que non sería posible nin o mantemento das praias nin o…

  • Máis ca un par de mapas sobre o xermánico, o árabe e o galego

    Esta mañá atopeime na rede cun par de mapas reflectindo a abundancia de topónimos árabes e xermánicos na península ibérica. Resulta que están tan en pequeno que fai falta esforzarse para ver que ambos, un referido aos topónimos xermánicos e outro, ós árabes expresan cousas diferentes. Por iso, procurei o artigo de onde están sacados…

  • 7 de decembro? Xa chegou o Nadal a Ribadeo

    O de que é o Nadal, iso xa é fariña doutro costal. Alumedado, Mercado, Pista de xeo… os atributos que se foi colgando o Nadal ribadense xa están preparados ou funcionando, e as vendas e a ocupación hostaleira, eses outros atributos procurados, parece que tamén van. Será pois cousa de redefinir o Nadal. Ó cabo,…