Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.422 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sociedade

  • Fará falta unha nova subestación eléctrica?

    Martes 13 de febreiro: inauguración da subestación eléctrica de Piñeira. Case unha semana antes, o día 7, o concello sacou unha nota de prensa para anunciar o que pouco menos se considerou unha panacea. Cinco semanas despois, vento e choiva producen cortes de luz apreciables, e deixan supermercados sen pode cobrar durante un cuarto de…

  • Unha manifestación para a lembranza: manifestacións polo mantemento do sistema público de pensions

    Aproveito as imaxes que me pasou un amigo para deixar testemuña no blog do transcurso da manifestación de onte en Ribadeo sobre as pensións. Comezo Menos canóns e máis pensións! Non faltan recursos, sobran ladróns! A pensión non se vende, se defende! Fin da manifestación. A xente seguiu aumentando fronte ás concentracións previas (200 persoas,…

  • Xogando ó despiste co Fiouco

    A néboa do Fiouco é natural. O que pase unha estrada da categoría da A-8 por alí, aumentando case 200 m a altura da anterior estrada pola Xesta e pasándoa a unha zona con máis néboa, unha decisión ‘meditada’. Despois veu a vontade de ‘solucionalo’. E nesas estamos. Pero parece que a ‘primeira fase’, na…

  • É o xusto. E ademáis, interésache.

    Ou eres ou esperas chegar a xubilado, Non? Non é só que sexa o debido… Por certo, se queres saber máis sobre estas demandas, https://www.facebook.com/COESPE/

  • 2006: Ribadeo falls

    A conta da posta en venda do caserón do fondo da r/Trinidade, na confluencia con Atalaia e Vispo Veres, nun estado ruinoso, e avisada polo concello hai máis dunha semana, remato de lembrar unha pequena publicación en base a fotos que realicei aló por 2006, ‘Ribadeo falls‘ e que deixo aquí para comparar coa actualidade.…

  • Revisando a fin de semana en Ribadeo: Catedrais e Rueiro

       Vexo que este fin de semana en Ribadeo deu lugar a dúa novas pequenas pero que me chamaron a atención e diversos motivos e por iso paso a comentar.     A primeira, un artigo  (1/3 de páxina) na Comarca, ‘comentarios al plan de protección de As Catedrais’, do ‘Grupo Municipal del PP de Ribadeo’.…

  • Despois do 8M, en Ribadeo

    Éxito. En toda España. En en Ribadeo. Aproximadamente, 1/6 das mulleres de Ribadeo, entre 0 e 100 anos manifestáronse arredor do mediodía. Quedan agora os outros días do ano. Éxito tamén?

  • O día sete, antes do oito

    Sete de marzo, o día antes do oito. Este ano, coido que toda a sociedade se enterou de que mañá, día oito, hai ‘algo como unha folga‘. Que moita xente non fóra moito máis aló en parte débese á diferencia de convocatorias, e en parte, ó contraataque dos poderes sorprendidos polo alcance que ía tomando…

  • A unha semana da folga feminista

    8M, folga feminista. Teño que confesar que o comezar escoitar o de ‘folga feminista’, o primeiro que tiven que facer foi preguntar, enterarme en que consistía. Enterarme se os homes ‘pintábamos’ algo na convocatoria. E vin que a postura dos convocantes -das- non é uniforme, pero esa uniformidade entendo que é máis ben de cantidade…

  • Individualismo, sociedades e directivas

    Unha das novas de hoxe é en realidade un chamamento. Chamamento á participación en primeira liña por parte de ACISA Ribadeo, que procura nova directiva. Xa hai dous anos, a directiva aínda en funcións formouse tarde, ante a evidencia de que ía ser un problema para a asociación a falta de dirección. Non é a…