Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sociedade

  • Hoxe foi o acto de nomeamento de Suso Peña como fillo predilecto de Ribadeo. Vídeo

    Ás 12 da mañá, só anunciado de xeito público onte por Ribadeando e hoxe nunha nota curta por El Progreso, tivo lugar o pleno de nomeamento de Suso Peña como fillo predilecto de Ribadeo. O acordo tomouse no pleno do pasado día 13 de marzo, de xeito unánime, tal como aparece no vídeo. A cerimonia…

  • Mañá ás 12, Suso Peña fillo predilecto de Ribadeo

    Remato de enterarme de casualidade, pois aínda que supoño que estará anunciado, non vin os anuncios: mañá sábado 30 de marzo ás 12, nun acto no salón de plenos, Suso Peña será declarado fillo predilecto de Ribadeo como foi acordado no último pleno. É de supoñer que está invitada calquera persoa que queira honrar a…

  • Wikipedia:Comunicado 24 marzo 2019

    Estimada lectora, estimado lector, O 26 de marzo a Unión Europea votará se se debe proceder cunha proposta de directiva sobre os dereitos de autor que, se fose aprobada, danaría significativamente a Internet aberta que coñecemos. En lugar de actualizar as leis de dereitos de autor en Europa e promover a participación de tódolos cidadáns…

  • 60 000 espectadores

    Faye White. Collido de Wufong en https://commons.wikimedia.org/wiki/File:Faye_White.jpg, lic. Creative Commons recoñecemento compartir igual xenérico 2.5 E iso? Pode que haxa que especificar máis… Como xa teño mencionado algunha vez, quen impón a noticia a tratar está adiantándose mesmo ás posibles manipulacións da noticia, está mesmo ‘impoñendo o futuro’. De aí que no blog, dende hai…

  • Sexamos supersticiosos

    21 de marzo, equinoccio. A partir de agora, ata finais de setembro, os días teñen máis tempo de luz que de noite. Vese máis vida. Tempo de esperanza, a primavera. Este ano, eleccións. Por partida dobre. En plena primavera, tempo no que medra a esperanza do futuro, está programado o acto de elixir o futuro…

  • PRESENTACION DO LIBRO “O FUTURO DAS PENSIONS”. Nota de prensa

    O sábado próximo, 9 de marzo presentarase en Ribadeo o libro “O futuro das pensions en Galiza, Estado Español e Europa”. O acto terá lugar no Cine Teatro ás seis da tarde. Na mesa estarán como ponentes Lidia Senra, eurodeputada galega, Xavier Pérez Davila, economista, escritor e membro de MODEPEN e Victoria Portas, tamén membro…

  • Propaganda electoral: unha cuestión práctica

    Resulta que anda por algo máis de 1 € o que se gastan os partidos para o envío subvencionado desa publicidade que din electoral e que en xeral chamaría electoralista. E resulta que un cambio legal de hai non moito permite que te borren da lista que é entregada ós partidos para que fagan propaganda…

  • Mazás

    Lembro coller mazás das árbores. Lembro ver como as mulleres viñan en coche de liña ó mercado a traer os seus produtos, entre eles, mazás. E logo, velas nas tendas… ata hoxe. Hoxe fixeime nun posto tradicional dun mercado tradicional nas mazás. Cinco variedades, todas lozanas, brilantes, todas iguais. Todas, cunha etiquetiña pegada, cun número,…

  • Incendiarios

    Un novo incendio, unha renovada intención de destruír. O plano anterior (collido do sixpac) abrangue máis ou menos a zona de incendios sucesivos que está a haber. Zona despoboada, preto da ría, con posibilidade de estar en poucos minutos na autovía ou no máis recóndito doutra zona boscosa. O por que? Coido que hai que…

  • A auga de Ribadeo, unha historia

    Hoxe, 26 de febreiro de 2019, repetiuse a historia. De novo a auga da billa en Ribadeo chega ás casas en malas condicións. Embaixo deixo a nota de prensa do concello. Mentres, non estaría mal repasar a historia repetida dende o inicio do CAVI. No blog hai abondas referencias; entre elas, as que aparecen nesta…