Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sociedade

  • Casas de apostas (II)

    Hai pouco máis dun mes publicaba o artigo ‘Casas de apostas‘. Hoxe vexo que o concello ten liberado unha nota de prensa (que por certo, nestes momentos aparece nos medios dixitais pero non na súa propia páxina, http://ribadeo.gal/) na que da conta de (ou da que se desprenden) varias cousas relacionadas entre si e co…

  • CARTEIS ELECTORAIS. Nota de prensa da AVV O Tesón

    —atención: esta nota de prensa foi enviada pola avv o 9 de xullo, polo que aparece aquí con máis de dúas semanas de retraso— Nas pasadas eleccións, tanto nas xerais como nas municipais, europeas e autonómicas, os distintos partidos políticos ou grupos de electores, afanaronse en despregar todo tipo de publicidade para dar a coñecer…

  • Programa do Ribadeo Indiano 2019

    Remato de recibir a circular ‘oficial’: O programa do VI Ribadeo Indiano preséntase cunha variedade de eventos que deron comezo coas antevésperas e as vésperas. Este sábado, 6 de xullo, iniciase un ciclo de cine cubano que se desenvolverá ata o vindeiro martes, día 9. Este ciclo cinematográfico será presentado este sábado polo Cónsul da…

  • Esta tarde, gravación

    Esta tarde de mércores, fronte ó cantón, entre 4 e 7 (‘ou así’), un equipo de Adivina produccións fará unha gravación en Ribadeo. Imaxes virtuais e entorno real para un programa sobre a Mariña dunha serie para descubrir Galicia, para a TVG. Unha empresa pequena que ten a web http://www.adivina.com. Curiosidade? Pois xa sabes.

  • PARABENS A PLATAFORMA POLA RESIDENCIA DA TERCEIRA EDADE. EN MAREA RIBADEO

    Nota de prensa En La Comarca del Eo do 15/6/19 (e neste blog) aparece un artigo asinado por PLATAFORMA DE MAIORES DE RIBADEO ao que desexamos facerlle algúns comentarios.  O primeiro e fundamental, felicitar a esta plataforma polo éxito logrado ao abrir a residencia despois de tantos anos. Convén botar man das hemerotecas, porque o…

  • Toma de posesión do alcalde de Ribadeo: lembranza de programa e discurso

    Mediados de xuño de 2019. Recentes as eleccións municipais, o sábado 15, toma de posesión de Fernando Suárez Barcia como Alcalde de Ribadeo. Para quen non estivo no acto, que sempre tenta ser emotivo, algunha lembranza no blog, xa pasados días para reflexión. En primeiro lugar, lembrar que o programa do partido que conseguiu maioría…

  • Condea e indemnización

    Foto de Sofía Martínez Martínez, lic. CC BY 3.0 collido de https://es.wikipedia.org/wiki/Esposas Vexo na prensa (“Cárcel para el excura de parroquias de Ribadeo y Trabada, José Emilio Silvaje” é o título na Voz) que José Emilio Silvaje Aparisi, excura que serviu en parroquias de Ribadeo entre 2008 e 2012, antes de saírse, foi condeado a…

  • Casas de apostas

    Nas cidades polas que teño ido a última tempada non o deixei de notar: as casas de apostas están á orde do día, ocupando espazo físico da cidade e coido que tamén mental nos cidadáns. “Cada vez que un goberno estatal recibe diñeiro dos casinos e lle chama impostos, esas autoridades están axudando a manter…

  • Resistente galego

    Lic CC-by-sa 3.0 de David Sebastian Liuzzo (Obra derivada: Alexandre Vigo), collida de https://gl.wikipedia.org/wiki/Ficheiro:800px-EU_location_GAL.png. Despois de ver as novas destes días sobre o terrorismo galego (ler por exemplo “¿Existe Resistencia Galega o es un bulo de Gobierno?” en eldiario.es), venme á cabeza a pregunta de se se me podería considerar de Resistencia Galega, máis aló…

  • Na Ponte de Arante, romaría das Cruces

    Este luns 10 de xuño foi a romaría das Virtudes na Ponte de Arante. Xuntouse moita xente, a pesar de ser día laborable e de que houbo festa tamén o día anterior (mesmo con representación do combate cos franceses), domingo. Había unha razón para que acudira máis xente que outros anos? Pode dicirse que si.…