-
Ocasións perdidas
22 de febreiro de 2003. En Ribadeo convocábase á xente interesada para a asistencia a unha xuntanza aberta, de carácter internacional, para introdución ó teletraballo. Era unha das accións realizadas dentro do proxecto TES (Teleworking Education System), no que participaba un centro educativo ribadense, o IES Porta da Auga. Na xuntanza analizaríanse en particular…
-
Desfrutemos sen aglomeracións. Pablo Mosquera
As pandemías son cíclicas. Dende tempos inmemoriais nas facultades de Medicina ensínase o sistema sanitario para controlalas. Dende o axente causal, ata as súas consecuencias socio-sanitarias, pasando polos mecanismos que evitan o contaxio, os rebrotes e as novas ondadas. O medo é persoal pero transferible. Especialmente cando se basea no principio de incerteza. Tal, está…
-
Licenza en pleno confinamento. Nota de prensa Colectivo POR NUESTRO FARO
No dia de hoxe, 16 de Xuño enterámonos pola prensa de que o Concello de Ribadeo ven de outorgar a licencia de obras para a construcción de unha cafetería na Illa Pancha. Tamén nos enteramos pola prensa de que este novo expediente vense tramitando dende maio de 2019. A primeira noticia deste asunto tivémola,…
-
Educación post primeira onda do COVID
Din que se aprende moito por imitación. Que a educación é a clave do futuro. Que a loita contra o COVID-19 pasa tamén pola nosa propia educación. Que a educación formal nesta España nosa está de capa caída por culpa do(s) goberno(s) que priorizan en contra do ensino (e da educación, nin se sabe)……
-
Ribadeo, servizos sociais, convocatoria: marcha cívica o 18 de xuño
Actualización dun post anterior.
-
Unha festa, unha música
Unha festa, unha música é un artigo feito para o libro das festas patronais de Ribadeo 2001. Aí vai: — Posterior (abril de 2025). A raíz dunha petición recibida, deixo o texto con algunha corrección e en formato usual: Unha festa, unha música Festas patronais 2001. Neste ano que sona a Stanley Kubrick e Arthur…
-
Manifestación o 18 de xuño en Ribadeo, ás 12 horas diante do concello
Recorto dunha foto de Suso Fernández o cartel que serviu o pasado 11 de xuño en Lugo para encabezar unha manifestación polos servizos públicos, residencias e sanidade incluídas, pero abranguendo toda a gama de servizos. Uns servizos que necesitan o apoio de todos para ter dotación abonda e ser subministrados en condicións. Para todos. O…
-
Alcoa sálvase soa
‘Alcoa sálvase soa. O que hai que salvar é o tecido industrial da Mariña. Postos de traballo mellor remunerados que os da hostalería.’ O anterior é o comezo do comentario dun amigo. Pola miña parte, considereino unha continuación de “Alcoa na Mariña: tan lonxe, tan preto”, un tema que daría para un libro…
-
Alcoa na Mariña: tan lonxe, tan preto
Alcoa, no corazón da Mariña, está estes días tamén na cabeza dos mariñáns. Sen ir máis lonxe, mañá mesmo, domingo 31 de maio, terá lugar unha concentración en Ribadeo co lema ‘Alcoa non se pecha’. Era o 1998 cando unha industria pública española se vendeu ó sector privado estranxeiro para rematar hoxe sendo…