-
EFEMÉRIDES RIBADENSES. José María Rodríguez Díaz (2007)
Recolle José María varios temas para tratalos a modo de introdución ó novo curso político. Algúns deles xa teñen sido tratados en entradas anteriores de José María. Miércoles, 29 de agosto de 2007 EFEMÉRIDES RIBADENSES • Publicado por jmrd_ribadeo a las 12:41 Fugit irreparabile tempus, cantaba el poeta Virgilio. Pasaron fugaces las vacaciones. Es…
-
Rematou o anuncio nas catro rúas
Por fin onte foron retirados os catro triángulos murais que anunciaban a construtora en cada unha das catro rúas do centro ribadense. Agora o nome das rúas e o escudo do concello loce libre. Xa o viches?
-
Anunciando nas catro rúas
Hai xa trempo que veño matinando para un artigo sobre a ocupación das rúas en Ribadeo. Non por grupos de xente organizada que actúe de ocupa, senón por diversas razóns e actividades. Mais coido que é cousa de referirse a unha en concreto pola súa visibilidade. Refírome á ocupación do cruce das catro rúas.…
-
A estación do tren mineiro, marca nas novas do concello
Algunhas novas visibles esta mañá na primeira páxina da web do concello. Por primeira vez o concello sobrepasa co número de novas o número de días do ano. Este ano, 365 días, o 13 de decembro o concello subiu á web a nova ‘Estación do tren mineiro‘, que facía o número 365. Ese mesmo…
-
Víctor Moro
Fillo predilecto de Ribadeo, finou. Coñecino, e trateino máis en relación cunha charla que deu, promovida pola AVV O Tesón. No pouco que o tratei, xa no tramo final da súa vida, cambiei a percepción previa de ‘prócer’ a ‘humano con tesón’, e puiden aprezar asemade de xeito positivo o seu trato. Non se…
-
Que os chinos teñen unha nova arma? E que?
Onte un coñecido pasoume a ligazón dunha nova que viña a dicir no seu título que os chinos desenvolveran un mísil con cabeza nuclear que, actuando dende o espazo, sería imparable. Como se non houbera xa alarmas abondo coas crises que están a ameazar a nosa supervivencia no planeta (e que estamos a labrar…
-
Sobre a charla ‘Eólicos na Mariña, así non’
Onte venres, no cine teatro de Ribadeo, tivo lugar a charla de #eolicosnamarinhaasinon para a información e concienciación sobre os novos parques eólicos na Mariña e alén. Unha charla que coido que foi interesante (non puiden estar a toda ela), con información de todo tipo relacionada coa construción, funcionamento e efectos dos parques eólicos.…
-
Reconstitución
Escribo isto dende a ponte da Inmaculada Constitución, ese estimado tempo que a moita xente lle fai lembrar que ambas cousas existen, a constitución e as virxes. O certo é que, despois do día da Constitución, non está nada mal que quede un tempo vigorizante e filtrante para asumir toda a fluencia de…
-
#eolicosnamarinhaasinon en marcha
Eólicos na Mariña, así non, é unha plataforma que se engloba na rede #eolicosasinon, organizándose contra a invasión sen sentido de eólicos na zona mariñá. En concreto, un dos parques eólicos que se tenta construír, agora chamado ‘Fonte Barreiros‘ (agora, porque antes xa houb algún intento semellante) chega dende o concello de Foz ó…
-
As catro rúas no seu cruce
Xa se pode pisar de novo no centro do cruce que ten marcado o centro de Ribadeo moito tempo. Despois das obras, o chan das catro rúas, cos seus letreiros e escudo, loce así: