Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sociedade

  • Ribadeo: relocendo en decembro

    Non vou repeter a foto do Convento de Sta. Clara en obras. En outro lugar do blog está. Pero ven a conto poque hoxe, 8 de decembro, día da Inmaculada, abríuse a igrexa anexa ó Monasterio (segundo aprece non é convento, senón Monasterio, e coido que non é capela, senón igrexa) tras as obras; pode…

  • Falemos de Ribadeo

    Aló polo mes de abril publicouse o meu artigo ‘O Ribadeo que Queremos’. Dende aquela, outros continuaron na mesma liña. Aínda o pasado día 3 de decembro, en ‘La Comarca’, A. Torrente (ex-presidente da AAVV de Vilaselán) continuábaa co artigo ‘Peligro, no reaccionen’. Se deixamos de lado os escritos de Balbino Pérez contra min, contra…

  • Imaxes de Ribadeo, hoxe

    Se algo non se pode negar sobre Ribadeo a día de hoxe é que está en obras. Tanto públicas como privadas, as obras inundan Ribadeo. Diríase que o importante non é par que facelo, senón sinxelamente obrar. Como mostra, dúas fotos de dúas obrar, unha pública e outra privada. A pública, a de soterramento dos…

  • Pasou o domingo

    Aló se foi o domingo. O retrato dunhas lambetadas nunha confitería de Ribadeo serve apra dar un ambiente festivo a esta entrada, remarcando que o máis salientable deste domingo foi que temos outra vez o mercado do nadal no parque de san Francisco e a obra de teatro “García”, quetrata de narrar o estado de…

  • Amigos e música en Ribadeo

    Pola miña culpa, non puiden asistir a unha reunión de asociacións contra o ruído en Santiago. Foi unha mágoa que tentarei suplir. En troques, tiven un día no que non só estiven acompañado pola familia, senón que puiden disfrutar da compañía de bós amigos, e para rematar, de música. A foto corresponde á actuación da…

  • Ribadeando, o libro, accesible en internet

    Xa está Ribadeando, o libro das miñas crónicas sobre Ribadeo no 2004, a disposición en internet. Veleiquí o seu enderezo. Que o disfrutedes!

  • Eduardo Baamonde, piscifactoría, … boas novas en Ribadeo

        Tanta Miga e a súa barriga. Ese é o título do libro de Eduardo Baamonde para nenos, cuns estupendos debuxos e unha historia interesante, que se presentou esta tarde na Casa das Letras ribadense. Para ver e ler.     Na presentación o autor lembrou a Suso Peña, o seu propio cariño por Ribadeo e…

  • virxe do Camiño

    A imaxe da capela da Virxe do Camiño fai (facía) de benvida a Ribadeo, e agora limita o Xardín (polo de ‘Xardín de Sela’), anunciando coa súa típica Cruz as súas orixes. Restaurada arredor do ano 90, volta a necesitar urxentes reparacións, pola humidade que se respira no sue interior, o estado de teito e…

  • A nova en Ribadeo

    A nova de onte en Ribadeo non se soubo en xeral ate hoxe: Acuinor volve a obrar en Meirengos. Mentres, desvélase que para os 12 empregos ofertados na primeira fase (+8 na segunda, xa veremos en que queda todo), hai abondo máis de 100 persoas que os pretenden. De aí ven a forza que se…

  • Na casa e fóra.

    Presento hoxe dúas imaxes, unha, tomada dende o ceo pero máis achegada a nós que a outra, máis terrestre (ou pedestre), pero lonxe de nós, polo menos de algúns de nós. A primeira é das Médoas dende o ceo. Non é demasiado boa, pero obseŕevase perfectamente como a montaña foi comida para obter o ouro,…