-
Recén saído do forno e o primeiro, o reparto de postos.
Deixo algo recén saído do forno: un tríptico sobre a costa de Ribadeo elaborado no Gregorio Sanz que onte saíu do prelo. Premendo sobre el co rato pódese ver maior. E paso a algo diferente, tamén curto, que se podería sintetizar na segunda parte do título: o primeiro, o reparto de postos. Pois segundo a…
-
O circo, o que sobra e o que falta
Hoxe vai de fotografías e poucos comentarios. A primeira, unha vista na que se ve misturado un circo con algo que tamén podía ser identificado en certo xeito como circo: restos das eleccións (que por certo, xa podían ser retirados; noutros puntos así o foron, pero non neste) A segunda, tamén co circo, esta volta…
-
Dúas cousas ‘pequenas’ sobre tecnoloxía
… pero que inciden (ou poden facelo) sobre a vida de moitas persoas. Non son novas, pero cabe dicir que hai que ter coidado co formato ‘word’ polas súas incompatibilidades, e pensar no que é a liberdade (por exemplo, de creación) na era internet, en base ás licenzas (por exemplo, as Creative Commons como ten…
-
Estruturando Ribadeo
As estruturas que se ven nas imaxes levan sendo montadas no porto de Mirasol varios meses. Só onte souben, por unha denuncia da plataforma de defensa da ría de Ribadeo, que eran para meter na cimentación da ponte para facerlle uns arranxos. A plataforma (e eu) tiñamos idea de que a documentación da ponte…
-
… e o pobo dixo: ‘pactade polo ben de todos’
Entre o título e ‘ollos que non ven, corazón que non sinte’ está a cousa. Explícome. Unha vez comezada a segunda semana despois das eleccións, ó non obter ningún partido a maioría, parecería claro que hai que pactar, e un ‘por suposto’ adxetivando o pacto como claro, transparente e como corolario, en ben da cidadanía…
-
Comunicando Ribadeo con Vilaselán
A situación con Vilaselán comeza a normalzarse. A día de hoxe, entre Voar e a Ponte dos Santos, xa está aberto o paso por baixo da mesma ponte (se ben cortado por mor do desprendemento de hai dous anos), o paso por onde antes se entraba dende Asturias (o único realmente funcional hoxe para peóns…
-
Un calmado domingo post electoral en Ribadeo
Calma relativa. Parece que os partidos conformáronse ben cos concellais de cada un e non se oen que un saíu máis favorecido que o outro. Completando os artigos (1), (2) e (3) sobre os resultados electorais en Ribadeo, cabe dicir que a orde de verse favorecidos dividindo a cota de poder (número de concellais) entre…
-
Algo máis
Na anterior entrada falaba dunha carta desafortunada. Despois de ver a Mariña de hoxe, hei engadir que hoxe tamén dúas páxinas enteiras foron adicadas a cartas e artigos contra a mesma. e se o periódico non corta, coido que terá abondas máis para publicar.
-
Torneo
A nova de hoxe en Ribadeo é deportiva: o torneo de fútbol base. Pero coido que unha nova que non sae na prensa é máis notoria: Ribadeo abarrotado de xente nunha fin de semana na que sae o sol e na que os taxis do parque foron xa substituídos por terrazas dos bares. Mentras, van…
-
Alcaldes de Ribadeo. Un pouco de historia
Por algo que non ven a conto púxenme a saber os alcaldes dende a época democrática en Ribadeo. Faltábame algún, pero coido que agora xa están todos. 1979 – Mario Meira, substituído uns meses por Fojo, de Cubelas, e rematando o mandato Antonio Martínez 1983 – Jaime Vidaurrázaga uns meses mentras non se resolveu unha…
