Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.418 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sociedade

  • O pobo decidiu…

    … pero, quen goberna Ribadeo? Hai pleno para configurar o equipo de goberno, o soldo do alcalde… e teño a sensación de que o período que comeza ode ser moi duro non śo para o alcalde e grupo BNG, senón para todo Ribadeo. Non son o único que opina así. Pouco a pouco hase ir…

  • O opio do pobo

    Evidentemente, os tempos cambian. Hai unhas décadas, neste país, considerábase o fútbol o opio do pobo. Agora, o 20% dos cocainómanos europeos son españois (cunha poboación que representa só o 10%), tendo un consumo medio superior mesmo ó dos EEUU. E é que a bonanza económica para algúns trae estas cousas, en tempos no que…

  • Un vídeo xa vello

    nesta ligazón con opinións miñas, dun xeito informal, …

  • Accidentes e atentados.

    Onte en Ribadeo caeu un home dende a súa casa á rúa, co benévolo resultado de atoparse a estas alturas en Burela, no Hospital da Costa. Causas e demáis, non as sei ben, pero parece que máis ben foi unha casualidade que unha causalidade. Ben diferente son os seis mortos (3 e 3, españois e…

  • Latexos do mundo

    Deixo a convocatoria dun pleno para mércores para a constitución do goberno e asignación de soldo ó alcalde e cartos para os partidos para tentar facer un resume dunha conferencia a dúas voces que tivo lugar onte en Lugo. Refírome á correspondente ó ciclo ‘Latexos do mundo’, impartida por Ignacio Ramonet e Ramón Chao sobre…

  • A solución témola todos porque todos somos parte do problema

    Non, a frase non ía dirixida a Ribadeo (aínda que poda empregarse como anel ó dedo) senón ó medio ambiente. Está referida a que pola mera existencia, todos interferimos no medio ambiente, e polo tanto, todos estamos xa implicados para poder colaborar na solución. Claro, uns máis que outros por que non é o mesmo…

  • 101 días despois en Ribadeo: 24 S

    Fálase moitas veces (ben é certo que máis en relación á presidencia de goberno e non tanto ós concellos) de 100 días de graza para os novos gobernantes. Sumando, sae o 24 de setembro como o día no que xa se comezaría a esixir despois dun período de ‘permisividade’ para os gobernantes. ‘Permisividade’ que e…

  • Xerfa

    Xerfa é a escume que molla nas rompentes e o nome da revista da que se presentou onte a 16ª edición. Dicía na entrada anterior que me gustara. Na súa portada aparece relacionada unha serie de webs, e a parte da do mesmo IES, nas únicas que aparecen na portada nas que sae relacionado o…

  • Comezou a nova etapa

    … no consistorio ribadense. Non se presenta unha etapa doada. Se ó comezo das negociacións eran outras as cousas a atender, agora van polo mesmo mantemento de forzas no equipo de goberno nun mandato que pode resultar extremadamente longo. Despois de non apoiar ó BNG o sábado (o PSOE), pode pasar calquera cousa, como que…

  • Novas diferentes

    Que o Real Madrid ten outra liga no seu haber sábeo calquera: necesitaríase ser xordo para non escoitar os berros, tambores, etc, ata as tantas, e cego para non ver a tele en diversos programas. Por certo, en Madrid cubriuse a Cibeles para protexela, pero en Ribadeo non houbo protección algunha (claro, facía menos falta).…