-
Itinerario cultural natural. Comarcas das Mariñas luguesas e Ortegal
O título corresponde á tradución galega de algo que se presentou hoxe ás 12 no Hernán Naval ante unha ducia de persoas. Unha web, http://coastatlantic.comarcasdegalicia.com que aporta a novidade da promoción pública, mais coido que non moito máis. Sen ir máis lonxe, o que fala das casas de indianos en Ribadeo vese superado agora mesmo…
-
Mirando un pouco máis aló
Non hai moito saiu medio tapada a nova de que Acuinor, despois de saír na prensa o contrario, non ía recorrer contra o decreto que din que lles impide a viabilidade da piscifactoría. Hoxe é Pontevedra a que xera unha nova: “Qué razóns pode aducir o Goberno para non actuar contra Ence?”. A pregunta podería…
-
Alguén sabe a que se refire o titular que poño?
O titular é: ¿Por qué interesa tener banda ancha en las zonas rurales? (El País digital, hoxe). E eu pregúntome: As zonas rurais teñen habitantes con razas diferentes respecto ás urbanas ou algo así? Se a resposta fora afirmativa, aínda quedaría a explicación de racismo para o titular. Como coido que non é así, non…
-
Líderes falando, o pobo á espera
Parece que se vai consolidando o de falar pola parte de arriba, é dicir, entre os líderes dos partidos políticos. Eso coido que é bo, pero sería mellor con transparencia (pode que non sempre sexa posible tela, pero inaugurar o intercambio sen ela non sei se será moi bo), e tamén quizais comezar co diálogo…
-
Xoves nove de agosto, en Ribadeo
Mañá xoves terá lugar no salón de plenos do concello a presentación dun Congreso sobre o ‘Viejo Pancho’ que terá lugar a cabalo (… é unha expresión a honra do gaucho galego) entre Ribadeo e Lourenzá en setembro. Parece interesante, e é magoa que polo menos a parte non poda ir por ter compromiso nas…
-
Comentarios nos xornais
“Aunque los discursos finales rebosaban optimismo y valoraciones positivas, ahora tienen que ser los ribadenses los que deben juzgar si ha merecido la pena el festival y la inversión que requirió. Dicen que rondó los 40.000 euros.” O comentario é feito na Voz de hoxe sobre On&Off. Outros anos xa ten pasado de críticas fortes…
-
Un artigo, leído en clave de ruído
O seu título: Os que contaminan deben pagar a factura …’xa non se trata de se podemos permitirnos o luxo de facer algo para remediar’…’senon de se podemos permitirnos o luxo de non facer nada’. …’ten moito máis sentido usar a forza dos mercados – o poder dos incentivos – que depender da boa vontade,…
-
On, Off e a auga
A auga botou abaixo a presentación ó aire libre das curtas feitas en Ribadeo: tivo que ser no cine teatro, coas xente sen avisar. Curtas que tiñan moita miga, con algúns defectos técnicos lóxicos nunha realización total de pouco tempo, seguindo o lema non escrito ‘apresa, apresa’. Polo menos a min gustáronme en xeral; e…
-
Rinlo, o día despois
Unha festa como a do percebe deixa pegada. Pasei por alí ‘o día despois’. Estaban recollendo, e aínda falta, pero o pobo estaba tranquilo (todo o tranquilo que pode estar en agosto, entendámonos), como se nada tivera pasado o día anterior. Pode que tamén sexa en parte porque hoxe era a xira de Sta. Cruz,…
-
Un día máis, Ribadeo
Pode que debera dicir ‘unha noite máis’, despois de que on/off rematara anoite despois do permitido polos horarios oficiais, e unha noite máis un local de enfrente pechara tendendo á hora que lle deu á gana (eso si, advertindo a algunha xente da que saía de que pechaban por causa da Guardia Civil[que como veremos…
