-
Accidentes e atentados.
Onte en Ribadeo caeu un home dende a súa casa á rúa, co benévolo resultado de atoparse a estas alturas en Burela, no Hospital da Costa. Causas e demáis, non as sei ben, pero parece que máis ben foi unha casualidade que unha causalidade. Ben diferente son os seis mortos (3 e 3, españois e…
-
Latexos do mundo
Deixo a convocatoria dun pleno para mércores para a constitución do goberno e asignación de soldo ó alcalde e cartos para os partidos para tentar facer un resume dunha conferencia a dúas voces que tivo lugar onte en Lugo. Refírome á correspondente ó ciclo ‘Latexos do mundo’, impartida por Ignacio Ramonet e Ramón Chao sobre…
-
A solución témola todos porque todos somos parte do problema
Non, a frase non ía dirixida a Ribadeo (aínda que poda empregarse como anel ó dedo) senón ó medio ambiente. Está referida a que pola mera existencia, todos interferimos no medio ambiente, e polo tanto, todos estamos xa implicados para poder colaborar na solución. Claro, uns máis que outros por que non é o mesmo…
-
101 días despois en Ribadeo: 24 S
Fálase moitas veces (ben é certo que máis en relación á presidencia de goberno e non tanto ós concellos) de 100 días de graza para os novos gobernantes. Sumando, sae o 24 de setembro como o día no que xa se comezaría a esixir despois dun período de ‘permisividade’ para os gobernantes. ‘Permisividade’ que e…
-
Xerfa
Xerfa é a escume que molla nas rompentes e o nome da revista da que se presentou onte a 16ª edición. Dicía na entrada anterior que me gustara. Na súa portada aparece relacionada unha serie de webs, e a parte da do mesmo IES, nas únicas que aparecen na portada nas que sae relacionado o…
-
Comezou a nova etapa
… no consistorio ribadense. Non se presenta unha etapa doada. Se ó comezo das negociacións eran outras as cousas a atender, agora van polo mesmo mantemento de forzas no equipo de goberno nun mandato que pode resultar extremadamente longo. Despois de non apoiar ó BNG o sábado (o PSOE), pode pasar calquera cousa, como que…
-
Novas diferentes
Que o Real Madrid ten outra liga no seu haber sábeo calquera: necesitaríase ser xordo para non escoitar os berros, tambores, etc, ata as tantas, e cego para non ver a tele en diversos programas. Por certo, en Madrid cubriuse a Cibeles para protexela, pero en Ribadeo non houbo protección algunha (claro, facía menos falta).…
-
O concello, para quen o traballa
A estas alturas, Fernando Suárez xa é alcalde, cos votos do BNG. Hoxe a comarca ten unha foto de Vacas e Suárez e tilda a aquel de ‘Alcalde en Funcións’. Sí, érao cando se comezou a repartir o semanario, pero non cando se terminou. Sobre outros comentarios que trae, mellor dalos por pasados e punto.…
-
15 de xuño en Ribadeo: do ermo
Hoxe cúmprense 30 anos das primeiras eleccións post-franquismo. Coido que non hai celebración algunha en Ribadeo. En breve, pode deberse ben a que se considera que non ten importancia a cousa e polo tanto non hai que conmemorala, ben a que non se quere facelo ou a que non hai humor para facelo. No primeiro…
-
Empresa Ribadeo
A ERSA era a empresa de autobuses, agora inexistente. Pero o título non se refire a ela, senón a Ribadeo considerado como empresa. Algunha vez teño oído falar de eso, Ribadeo como Empresa. Pero resulta que as empresas, sexa cal sexa a súa actividade teñen todas en primeiro lugar un fin: gañar cartos. E parece…