Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sociedade

  • Referido ó mundo, referido a Ribadeo

    Estoume aficionando a ler as novas globais en clave local ou viceversa, como unha especie de versión de ‘pensa globalmente, actúa localmente’ que puexeron de moda as organizacións ecoloxistas hai non tanto tempo. Así, dun artigo só de Juan Goytisolo no El País de hai xa case un mes, extraigo: ‘Un país non ten por…

  • En espera doutra crise

       … porque a correspondente á paga do alcalde xa finalizou, como se esperaba, no pleno de onte. José Carlos Rodríguez Andina e Balbino Pérez Vacas farán parte da xunta de goberno (60€/xuntanza, como o resto dos participantes excepto o alcalde, que ten a paga integrada no soldo). Terá que cesar un membro do BNG…

  • Ría de Ribadeo, pedregal de Irimia

    A elección dun nome pode ser algo serio. Véume á cabeza ó pasar por Meira e ver a teima co nacemento do Miño que teñen entre dous concellos: un, a favor do Pedregal de Irimia, outro a favor de Fonmiñá. Non sei no que rematará todo, pois a propaganda que está a facer Meira non…

  • Tres comentarios rápidos

       Despois de probar onte con éxito os ladróns a furtar en Arenal, hoxe o Edda Fram está fóra da ría nestes momentos que escribo, e o alcalde tentará probar sorte hoxe no pleno para poder exercer de alcalde a tempo completo.

  • Solucións para Ribadeo

    Parece que van chegando. O longo do dia de onte, despois da xunta de portavoces, primeiro aceptou o PP pois fixo que terá representación nela, e logo, o PSOE, que se non acepta non a terá. É dicir, mañá ás 10:30 pleno. Mentras, onte tivo lugar a presentación en Ribadeo do Diccionario de mulleres galegas.…

  • Ribadeo, máis achegado de Asturias. O alcalde, aínda non achegado de Asturias a Ribadeo.

    Esta mañá cedo unha veciña de Ribadeo (María Lines Martínez Díaz) chocou, vindo de Lugo, co autobús de IASA que ía para aló, morrendo e habendo varios feridos no autobús. As estradas son traizoeiras, unha das razóns pola que se fan máis autostradas, como o tramo que se remata de inaugurar en Asturias e que…

  • Aviso de entrada en Ribadeo historia

    Remato de poñer en Ribadeo hisoria un documento que xa é case reliquia: A Aprobación do expediente de información pública da autovía do Cantábrico na nosa zona.

  • A can fraco, todas son pulgas

    Collo este refrán castelán para refrexar o que lles pasa ós ex-alcaldes últimamente neste pobo: unha vez deixado o cargo, sae á luz pública que están sendo investigados xudicialmente. Pasoulle a Andina (resultado negativo) e estalle a pasar a Vacas coa denuncia na prensa de Cao. Eu sigo esperando para lanzar acusacións ó resultado un…

  • “Cao pedirá una reunión de la junta local de seguridad para articular medidas en la movida”

    A nova, na Voz de hoxe, non se refire a Ribadeo, senón a Foz. Pero podería: Tamén en Ribadeo hai un Cao (Asoc. de comerciantes) que o ano pasado asinou un escrito de ACISA para ampliación de horario da movida e que este ano podeŕia pedir a xunta (se ben coido que algún tipo de…

  • Árbore seca

    Ribadeo non é unha árbores seca (a D.G., é dicir, a Deus Grazas), pero é unha curiosidade atopar en San Francisco, ó pé dun frorecente balcón, e a desemellanza da serie de árbores que alí se puxeron, unha árbore seca. Na fotografía, á dereita, contrasta tanto coa árbore da esquerda como coas frores do balcón.…