-
Gregorio Sanz
Onte, da man de Chemi Lombardero, foi presentada unha visión de Gregorio Sanz, D. Gregorio. Unha persoa humana (se cabe a redundancia) da que Ribadeo se beneficiou boa parte da súa vida. A conferencia forma parte das conmemoracións polos dez anos do seu pasamento que organiza o Colexio Público que leva o seu nome. O…
-
Radares
Non sei por que, pero parece que se chama así a unha iniciativa á que se va acoller os centros de medias de Ribadeo: un par de rapaces ou rapazas de medias van actuar de radares de detección de problemática de conflictos. Coido que algo parello está actuando de xeito piloto dende hai varios anos…
-
Mestre
Supoño que a maioría da xente que le de xeito continuado o blog terá pasado pola biografía de D. Gregorio Sanz, mestre en Ribadeo. Agora, mañá venres 14 de decembro, terá oportunidade de asistira a unha visión algo máis extensa, unha charla titulada ‘Gregorio Sanz e a súa época’, impartida por Chemi Lombardero, mestre no…
-
Pola lectura… 3ª de hoxe
Collo dende o blog de Jorge Cortell un texto de José Luis Sampedro que vexo que se atopa no Dominio público: POR LA LECTURA Cuando yo era un muchacho, en la España de 1931, vivía en Aranjuez un Maestro Nacional llamado D. Justo G. Escudero Lezamit. A punto de jubilarse, acudía a la escuela incluso…
-
E a ría de Ribadeo foi unha festa
Na realidade, eso foi domingo (onde se anunciaron ondas de ata 9m no mar, non no interior das rías, e por aí andarían), pero as fotos son máis ben da resaca desa festa, do luns, e non quedaron moi aló (a parte de que están sacadas coa marea a media altura, e todos sabemos que…
-
Contrastes (non moi grandes…)
Ou si. Non me poñerei hoxe filosófico por eso de que é domingo. Tampouco hoxe irán fotos, despois destes día poñer abondas e pensar en seguir. Hai xa días lin nun periódico que os Gates se propoñían erradicar a polio (mielitis). E xurdíronme diversos pensamentos: Como non pensaron neso antes? como pode haber unha parella…
-
Día da Constitución sen celebración (2ª de hoxe)
Non entendo moi ben que para celebrar algo se constitúa un día festivo no que non se lembra a xente do que se celebra. En Ribadeo, hoxe é o día do Mercado do Nadal. Sobre o da Constitución. E aínda, coas actividades do Mercado quese poden ver no díptico, polo menos en visitas tivo tanta…
-
De enfermidades e para esquecer
Comecemos pola parte negativa: achégase eso dea lingua azul nas vacas. As últimas, en Castropol, concello que tamén foi expedientado por medio ambiente por verquido de residuos industriais sen depurar. A nivel social tamén hai unha certa doenza, como se manifesta en que os alcaldes de Burela, Ribadeo e Viveiro descarten a capitalidade mariñán única:…
-
Nos xornais hoxe: a flota de baixura achaca ás piscifactorías a desaparición de algas autóctonas
Pois si. Agora xa temos outra versión da ancestral confrontación entre recolectores e cultivadores en troques de ambientalistas e cultivadores… Mentras, en Ribadeo, deuse onte a primeira comisión informativa sobre PXOM, da que parece que todos saíron contentos. Seguirán outras e xa veremos cando chegue ó público. Hoxe haberá fotos no blog, pero non agora……
-
A mariña capital
Andan discutindo en Viveiro, máis en concreto no Casino, sobre a capitalidade da Mariña. Despois de levar anos a existencia das tres comarcas, algo que xurdiu por cuestión política e que denunciei (non lembro que ninguén máis o fixera, aínda que non me extranaría), pregúntome a que ven iso… Quen protestou cando se fixo a…
