-
A miña intervención na presentación do libro ‘Estudio sobre toponomía en Ribadeo’
3/11/2007 – Presentación ‘Estudio sobre toponimia de Ribadeo’ Grazas a todos e a todas por estar hoxe aquí neste acto de presentación ó que dou comezo. Teño que dicir que incentivou o meu orgullo que José Mª contase comigo para a presentación dun libro que vin xestar na distancia e que se escapa…
-
Un novo contubernio xudeo-masónico?
Hoxe, sábado 3 de novembro de 2007 aparece na Comarca un pequeno artigo asinado de xeito anónimo como ‘Pichi’. Para quen non esteña enterado, ese seudónimo deu pé a outros artigos anteriores do que poderiamos chamar ‘crítica política’, por chamarlle algo. A ampliación sucesiva da culpabilidade do malo que sucede no concello (tapando ou non…
-
Comentario dunha conclusión en torno á vivenda
‘Os poderes públicos non tratan a vivenda como un dereito humano fundamental, senón como unha mercadoría’. Parece que coñece ben quen fixo o titular, conclusión dun documento, a algúns gobernos municipais, autonómicos e tamén nacionais. Parece mesmo feita para a Mariña, coa preponderancia en importancia da compra/venda e a ganancia correspondente sobre a posibilidade de…
-
Do concello e dos veciños
Onte, por segunda vez e menos dun mes, un regueiro de aceite caeu dun dos contenedores entre a r/Viejo Pancho e a r/Pasarón y Lastra. esta mañá, cando escribo, xa está sendo limpado a mangueirazos con presión por operarios municipais (Grumir). Coido que debeu ser moito máis sinxelo botar o aceite nun sitio totalmente inadecuado…
-
Espazo en doazón
Andivo estes días en boca e letra de ribadensess o asunto da posible doazón do que queda do espazo mercado polos ‘Amigos da Gaita Galega’ para a construcción dun asilo. Lembrando, xa foi cedido espazo para a ampliación do IES Porta da Auga e para a construcción dun polideportivo, o ‘polideportivo novo’, ambos visibles nas…
-
Retrasos
Remato de ver a nova de que R poñerá banda ancha na zona (Ribadeo e Burela), o que virá da man dunha maior competitividade (é de supoñer). Pero… a parte da subvención da Xunta aunha empresa particular (algo que non me expliquei nunca por eso de que se da cartos, pode facelo sen subvención, e…
-
Novas curiosas (unha segunda rápida)
Atopo no xornal algúns titulares que se me antoxan curiosos: ‘O Concello do Valadouro repartiu máis de dez mil euros de subvención entre os colectivos’. Vamos, que parece que repartira premios, e mal vamos se se considera así. Entre outras cousas, funciona o clientelismo? ‘Sanidade multa con 360 euros a un bar de Barreiros por…
-
A dificultade do cambio de hora
Este ano estame a costar a adaptación do cambio de hora. E eso que é para retrasar o horario, e non para adiantalo como na primavera. Faíme pensar sobre a dificultade de adaptación doutras costumes, por exemplo, as relacionadas coa ecoloxía. Cun fondo precisamente de mar de fondo, que se deixa oir, paso a considerar…
-
Foguetes para San Rosendo
Despois de enterarme que as reliquias de san Rosendo estaban de viaxe pola zona, tocoume estar en Mondoñedo cando chegaron e saber tamén como fora a cousa por Ribadeo. Polo que parece, en Ribadeo, venres, foron ricibidas con seriedade (sacerdote revestido) e punto. En Mondoñedo onte non sei se as recibiu un sacerdote ‘normal’ ou…
-
Doce Ribadeo
Onte pasóuseme pola cabeza a idea de que más ou menos nun ano pecharon tres, co que quedou en solitario a Candelaria como pastelería-pastelería. Hai pasteis tamén en varias apnaderías, pero son eso, panaderías, non pastelerías, que coido que en xeral é abondo diferente. E non queda en rbiadeo un sitio onde tomar pasteis como…