-
De coña
O servizo que ofrecen algunhas compañías en Ribadeo. Levamos xa uns cantos meses nos que a conexión a internet sufre calquera avatar que se considere posible, pero este inverno, despois de varios cortes máis pequenos, remata de dar paso a unha primavera prometedora: máis dunha hora estivo a grande maioría de Ribadeo sen corrente eléctrica.…
-
O PXOM pouco a pouco
O PXOM pouco a pouco volta ser actualidade en sentido diferente. Neste caso, informativa, pois xa está disposto o servizo de explicacións do concello, que atenderá despois de chamar para pedir vez. Atenderá na vella oficina de turismo, nun horario abondo estreito (non sei por que tan estreito). Todo, aínda antes de comezar o prazo…
-
O parque de indianos
Por hoxe, só unha pequena nova: o parque de indianos xa está en obras. É dicir, rematouse o ‘Xardín de Sela’?
-
A comarca éguese en silencio
O que podería ser unha boa noticia, collendo de xeito literal o título, e indicando a industriosidade local, non o é, se vemos que o silencio administrativo pode facer posibles atrocidades, algo que podería pasar en Barreiros e servir de exemplo noutros sitios. Por silencio administrativo tamén se poden conseguir cousas, e tendo cartos para…
-
Sáhara
No seu momento, por motivos que non veñen a conto, non din cumprida conta da exposición sobre o Sáhara (mellor,sobre a situación actual dos saharahuis) que tivo lugar na casa das letras de Ribadeo. Como está sendo estes días outra sobre unha asociación de mulleres marroquinas, antes de poñer as referencias correspondentes considero lóxico…
-
Choiva e frío na Semana Santa
Cousas do tempo. Pero, iso implica unha Semana Santa diferente ou non? segundo o que se considere que é a Semana Santa. Dirían algo diso os que falaron da Semana Santa en Ribadeo? E os que acudiron ás procesións?
-
Ría de Ribadeo
Despois de que o Instituto Xeográfico Nacional dictaminara o que coido que non facía falta dictaminar, unhas cantas citas (a favor e en contra) como segunda de hoxe, como entrada antes de acceder ó que saiu na prensa sobre o tema (e sairá), a parte das moitase entradas sobre o tema que se poden poden…
-
Días de escenografía
Días de paixón, días da paixón, días da escenografía da paixón. Coido que na actualidade sería este título o que mellor lle viría. De feito, víuseme á cabeza ó ver pasar unha das dúas semi-procesións do Santo Encontro, con tres persoas seguíndoa e os costeleiros relaxados. Por casualidade, tamén entraba na imaxe un fotógrafo en…
-
Da música ó PXOM
Mentres tento de procurar unha reseña do concerto de onte na prensa e o que atopo é fútbol, hoxe de casualidade vin prepararse para marchar á banda portuguesa, que se aloxou no C.P. Gregorio Sanz de Ribadeo. Pero, como non hai máis que atopar (bo, que ó final non actuou na igrexa) paso a algunhas…
-
Resposta rápida
Despois de dar nova da resposta do alcalde ás preguntas de O tesón, hoxe aparece nos xornais que se vai solucionar cun novo ascensor na parte traseira do edificio, con custe á consellería de Presidencia. Polo que parece, áinda faltan ‘flecos’ para ver como se vai facer a cousa, pero vai adiante. Por cuestión de…
