-
Onte foi o día da muller, a máis de véspera eleitoral
A máis do día de reflexión, foi o día da muller. O que quedará no futuro, cando coido que o que debera quedar sería a reflexión contínua e así non faría falla o día da muller, en todo caso, non máis que como exaltación, por exemplo. Pola mañá, na casa das Letras presentouse…
-
Un pleno para o cidadán
… Ogallá o fora, pero polo momento non parece que sexa esa a orientación polo momento. Co tempo, quen sabe. E, mentras se pode achegar ese momento, aí vai a orde do día do pleno do luns 9 de marzo de 2008 (lembrar que se pode ampliar premendo sobre ela co rato). Que conste que…
-
Cousas da Parroquia e da Semana Santa
Adxunto o tríptico de actos da Semana Santa 2008 en Ribadeo (falta a parte en castelán, repetición da do galego) E tamén me enterei de que está a saír a edición 1ª de ‘Ecos de la parroquia‘, revista parroquial que se deixou de editar hai máis de medio século. Agora xa está na rede. Polo…
-
Aleluia!
As expresións de xúbilo son contaxiosas. Iso espero que pase ista volta. Non coa cabeceira da entrada, senón coa súa causa: resulta que se poñen a investigar o como está a acción humana diminuíndo a riqueza das rías. Pode que se diga, como outras veces, que para iso non fan falta moitas alforxas, pero o…
-
O custe dos dereitos
O título ven dun artigo que lino outro día: os dereitos non son gratis, para exercelos hai que dispoñer de ánimo, mantelos en bo uso, como calquera instalación que queres que non te falle, e iso representa tamén un coidado, unha preocupación e unha inversión. Xa espuxen moitas veces que dereito que non se usa,…
-
Temos que chamarlles cousiñas ou teñen máis entidade?
Parece que o PXOM xa está listo para sentencia. É dicir, para votación preliminar. Se non lembro mal, despois ven a viaxe a Santiago para o visto bó, e logo, volta para aquí. Se todo foi ben en Santiago, un mes para alegacións dos veciños e aprobación definitiva. A cousa é algo máis que unha…
-
Peón de facenda, revolucionario, tendeiro, funcionario
Así reza unha canción mexicana co recorrido laboral dunha familia: o pai, peón nunha facenda; o cantador, revolucionario; os fillos puxeron tenda, o neto, funcionario. Hai que entender que funcionario é de acordo coa imposición do poder. Remato de lembrar o corrido mexicano por dúas razóns sen moita relación entre sí e con pouca en…
-
Comparacións
Nestes días de campaña as preocupacións normais tenden a esquecerse porque queren que nos preocupemos doutras ‘anormais’, máis lonxanas, ou menos determinantes, ou sinxelamente, cara ás que nos queren levar porque controlan mías, por exemplo. Mentras, onte nun mesmo periódico, a Voz, saíron novas de degradación do mar, degradación dos ríos e degradación das augas…
-
Del monte sale quien el monte quema
Agasalláronme co libriño do que reproduzo a portada, a contraportada e a páxina da ficha (os da universidade sempre meten unha páxina coa ficha do libro). Fáltame por ler… o que non quita que me fixara nalgunha cousa, como a edición totalmente en castelán cando na contraportada ten unha síntese relativa ó premio Dámaso Alonso…
-
Naderías
Hoxe vexo na prensa unha pequena nova que vai no mesmo sentido do que levo escrito varias veces. di que a este paso, a capital mariñán será Oviedo, pois a autovía cara aló leva e de aló ven… Levo pedindo Policía Local con horario ampliado longo tempo: aínda onte vin un anuncio de festa nouturna…