Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.320 posts
29 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sociedade

  • Lembrando 1969

    Foi no 1969 cando ribadeo perdeu a categoría xudicial de Partido, que dende entón leva laiando. Aínda con escepticismo, está comezando a máis seria das embestidas acometidas para logralo de novo. Máis seria por ser una petición da Xunta ó ‘Goberno Central’, pero con moito escepticismo pois as informacións son de que abranguería só o…

  • Da política ó aluguer, pasando polas infrastruturas.

    Antonte saíu nos xornais a petición de mellora para a N640 ata Porto. É unha estrada que certamente da problemas circular por ela e que soporta abondo tráfico, algo que se notou máis dende a circunvalación, que fai que o condutor non desconecte da boa estrada antesde meterse nas curvas. Despois da petición xa viñeron…

  • De coña

    O servizo que ofrecen algunhas compañías en Ribadeo. Levamos xa uns cantos meses nos que a conexión a internet sufre calquera avatar que se considere posible, pero este inverno, despois de varios cortes máis pequenos, remata de dar paso a unha primavera prometedora: máis dunha hora estivo a grande maioría de Ribadeo sen corrente eléctrica.…

  • O PXOM pouco a pouco

    O PXOM pouco a pouco volta ser actualidade en sentido diferente. Neste caso, informativa, pois xa está disposto o servizo de explicacións do concello, que atenderá despois de chamar para pedir vez. Atenderá na vella oficina de turismo, nun horario abondo estreito (non sei por que tan estreito). Todo, aínda antes de comezar o prazo…

  • O parque de indianos

    Por hoxe, só unha pequena nova: o parque de indianos xa está en obras. É dicir, rematouse o ‘Xardín de Sela’?

  • A comarca éguese en silencio

    O que podería ser unha boa noticia, collendo de xeito literal o título, e indicando a industriosidade local, non o é, se vemos que o silencio administrativo pode facer posibles atrocidades, algo que podería pasar en Barreiros e servir de exemplo noutros sitios. Por silencio administrativo tamén se poden conseguir cousas, e tendo cartos para…

  • Sáhara

        No seu momento, por motivos que non veñen a conto, non din cumprida conta da exposición sobre o Sáhara (mellor,sobre a situación actual dos saharahuis) que tivo lugar na casa das letras de Ribadeo. Como está sendo estes días outra sobre unha asociación de mulleres marroquinas, antes de poñer as referencias correspondentes considero lóxico…

  • Choiva e frío na Semana Santa

    Cousas do tempo. Pero, iso implica unha Semana Santa diferente ou non? segundo o que se considere que é a Semana Santa. Dirían algo diso os que falaron da Semana Santa en Ribadeo? E os que acudiron ás procesións?

  • Ría de Ribadeo

    Despois de que o Instituto Xeográfico Nacional dictaminara o que coido que non facía falta dictaminar, unhas cantas citas (a favor e en contra) como segunda de hoxe, como entrada antes de acceder ó que saiu na prensa sobre o tema (e sairá), a parte das moitase entradas sobre o tema que se poden poden…

  • Días de escenografía

    Días de paixón, días da paixón, días da escenografía da paixón. Coido que na actualidade sería este título o que mellor lle viría. De feito, víuseme á cabeza ó ver pasar unha das dúas semi-procesións do Santo Encontro, con tres persoas seguíndoa e os costeleiros relaxados. Por casualidade, tamén entraba na imaxe un fotógrafo en…