Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.374 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sociedade

  • Nota curta sobre a cacerolada para parar a construcción da nave en Mirasol

    Ó final, non puiden ir. Pero polo que parece, un grupo de xente abondo nutrido presentouse con chifles e cuchufletas coincidindo coa chegada do Presidente de Portos de Galicia. É dicir, enteráronse non só os políticos locais senón tamén o visitante.

  • Terremoto

    Un terremoto en China matou tanta xente como todo Ribadeo. Sucedeu onte, e fai pensar na oposición que podemos facer a xente ante as forzas da natureza. A nave na ría non é unha forza da natureza. Detrás hai xente cos seus intereses. E fronte a ela, tamén estamos xente. Máis. Pero… menos organizados, con…

  • Comezando a protesta

    Está visto, ás veces acumúlanse as cousas e hai que elixir. Neste caso, PXOM e luz quedan momentáneamente detrás da protesta contra a nave na ría de Ribadeo, un proxecto que hai pouco parecería inconcebible. Mentras, é cousa de dar agradecementos, xa que a ría non pode dalos de palabra (é agradecida de obra, diso…

  • Semana reivindicativa en Ribadeo (II)

    Coido que me faltaba por poñer na entrada de ‘Semana reivindicativa‘ algunha cousa. Xa sinalei o escrito enviado a Begasa e fixen referencia a el como un fito o que dez asociacións de veciños se puxeran de acordo para facer tal cousa. Asemade, fixen referencia á xuntanza informativa sobre o macro galpón na ría, e…

  • Xuntanza

    Deixoume mal sabor de boca a xuntanza de onte sobre a nave do porto. Haberá abondo máis, pero de pronto, só unha nota de prensa: — Nota de prensa da AVV O Tesón de Ribadeo — En relación coa actual nova de inicio de tramitación para a concesión administrativa dunha terminal cuberta no porto de…

  • Hoxe, xuntanza

    Hoxe, venres, ás 20:00, no salón de actos de Sindicatos, xuntanza sobre a nave que se proxecta en Mirasol. Sen comentarios.

  • Recuperando a ponte dos Santos

    Pola prensa entérome de algo que esperaba e ó tempo temía que non fora: a ponte dos Santos, sobre a ría de Ribadeo, a que fora asinada no último Consello de Ministros de Calvo Sotelo, sendo Antonio Martínez alcalde, terá, está comezando a ter, paso de peóns nos 25,25m de anchura que leva. É dicir,…

  • Obscuridade na ría

    – artigo enviado para a súa publicación nos xornais – Obscuridade na ría Coido que é unha obviedade dicir que a auga constitúe a parte básica da ría, sexa a ría de Ribadeo ou calquera outra. E, para quen pasara aquí algún tempo, poñamos máis de dous anos, tamén será unha obviedade que estaśe a…

  • Semana reivindicativa

    Unha imaxe relaxante apra comezar: Castropol, a semana pasada visto dende a baixada ós Bloques. Non importa que xa esteñamos a mércores e tras o pasamento de Calvo Sotelo aínda non teña ocorrido ‘nada’. Esta semana é reivindicativa para Ribadeo. Non só pola protesta do leite que xa se fixo a nivel Galicia, nin pola…

  • Iniciativas

    Despois do multitudinario enterro de onte, óense máis algunhas iniciativas e ponderacións. Dende unha estatua ó cambio do nome da ponte dos Santos, dende dicir que foi o mellor alcalde de Ribadeo a que nunca lle pagaremos o que fixo polo pobo. As críticas, nestes momentos, non se din máis que en ambientes cerrados, como…