Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.421 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sociedade

  • Entre o Santo Antonio e o San Xoán

    Despois de deixar un novo documento en Ribadeo historia, a Declaración de impacto ambiental do polígono industrial de Ribadeo (xerada en tan lonxana data como 2005), fíxome en que xa pasou o San Antonio, cos avisadores foguetes de Vilaselán, e que está a chegar o san Xoán, coas fogueiras. No medio, hoxe, día 16, hai…

  • Documentos de impacto ambiental do entorno ribadense

    Remato de publicar diversos documentos relacionados co impacto ambiental de obras no entorno ribadense. Están sen comentar, como corresponde a Ribadeo historia: Aprobación expediente / trazado da autovía A-8 en Galicia Declaración impacto ambiental ronda oeste de Ribadeo (circunvalación) Estudo impacto ambiental autovía en Galicia (Ribadeo-A6) Nota de prensa da posta en funcionamento da autovía…

  • Resposta municipal nun mundo en cambio

    Parece que ó alcalde cóstalle variar a liña de acción municipal: hoxe aparece na prensa que dos ultimatum que lanzou hai tempo ás casas en mal estado no casco vello (ver contestacións ó final dun dos post adicado ó pleno último), aínda se segue esperando, e que ‘a próxima semana’ vai ordear as actuacións subsidiarias.…

  • Documentos para xulgar

    Mentras comeza a sentirse o efecto da folga de transporte (aínda despois de chegar a un acordo con partes implicadas que non tiñan convocada folga), hai cousas que hoxe en día son moito máis doadas de transportar/acceder e que rematan tendo tanto efecto como estas outras máis visibles. Son ‘os papeis’. Papeis como os que…

  • Novas de xente amiga

    Mentras que a folga de transporte arrecia, seguen a chegar novas diversas. Dende que unha cisterna pasou escoltada para un subministro mínimo ás gasolineiras de mariñás ata un preacordo para a construcción da subestación eléctrica para o polígono (e para Ribadeo) ou ata o recoñcemento do mal estado da Casa da Ría de Ribadeo. Dende…

  • Dúas fotos de Ribadeo e algunha noticia

    Hai dous días que dixen de pasada sobre praza de indanos que parece que están a facer nalgunha parte no Xardín de Sela. Coido que a foto da testemuña dela na división central do mesmo. Houbera xa un comentario alomenos nun pleno sobre que non ía ser un parque de indianos. Coido que agora os…

  • A ría de Ribadeo, na Comarca

    Escaneo hoxe un artigo de Pancho Campos, o Presidente da AVV O Tesón, que sae este fin de semana na Comarca (premer co rato para ver ampliado). O certo é que a ría, a raíz da nave de Mirasol, ocupa boa parte do espazo de que dispón o semanario. Hai un artigo de Farruco Graña,…

  • HAINA, here always there is alternative, tamén en Ribadeo

    Despois de escribir hai moito tempo xa un artigo titulado “Tina ataca de novo” (tamén aquí, o primeiro en dixital do artigo), sobre o que queren que pensemos e o que podemos pensar, mira por onde as novas lémbranme de outra vez o mesmo tema. Por unha beira, o mesmo día que se inicia a…

  • Competencia inter beiras na ría de Ribadeo

    Na ría de Ribadeo sempre houbo unha certa competencia entre os ribeireños e entre as entidades de poboación da ribeira, como sucede en xeral entre veciños. Ás veces, esa competencia é boa, pero ás veces, non. E desto segundo se trata. Enviáronme documentación sobre un caso que ven a enturbiar máis o tema da nave…

  • Non hai máis remedio: seguimos coa ría de Ribadeo

    Pois iso. A non ser que queiramos comentar a viaxe a Uruguai (no que resulta que se fai de todo, dende anunciar axudas á Casa do Viejo Pancho a promocionar o turismo mariñán), ou lembrar discordias no interior da casa do concello á vista do que pasa agora no de Viveiro a conta da relación…