Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.374 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sociedade

  • Nota de prensa: Non á nave en Mirasol

    Unha sinatura cada vinte segundos Ise foi aproximadamente o resultado (case 450 sinaturas en dúas horas e media) da recollida de sinaturas contra a construcción dunha nave dae grandes dimensións sobre a ría de Ribadeo efectuada hoxe por membros da AVV O Tesón e da Plataforma pola Defensa da Ría de Ribadeo. A mesa de…

  • Axenda: asinar e música

    Domingo. Sinatura contra a construcción da nave da ría pola mañá. Concerto final do I Certame de intérpretes mozos Hernán naval pola tarde.

  • De políticos e veciños

    Comecemos polos veciños: O Tesón celebra hoxe a súa Asamblea anual extraordinaria: E os alcaldes da Reserva da Biosfera celebraron onte unha xuntanza. Na foto da Voz de Galicia véseos cos dous conselleiros dispostos a gastarse o millón de euros que din que van a ter que gastar antes de fin de ano: para eso…

  • A todo tren

    Pode que a falta relativa de nova no verán impulse outro tipo de noticias menores. Así está de novo tanto onte como hoxe na prensa que Ribadeo subvenciona a viaxe de ata 300 xubilados á Feira de mostras do Noroeste no Ferrol. Está ben subvencionar o tren: é máis ecolóxico. En troques, o xeito de…

  • De movida

    Hoxe é a primeira nova dun xornal en internet sobre Ribadeo: un novo servicio de noitebús, esta volta, entre Ribadeo e Navia. Galicia e Principado únense para promocionar a movida, mentras aínda está por chegar o día no que se unan para xestionar dun xeito mantible a ría de Ribadeo. Subscribo o comentario periodístico: “Xunta…

  • Conseguido para o goberno

    Leo: “El gobierno ha conseguido distraer al ciudadano convirtiendo las víctimas en verdugos” (da carta de Alessia Giacomel no El País Semanal do pasado domingo) Nin tan siquera se refire a España, para canto máis a Ribadeo. Refírese ó tema do sinmigrantes en Italia. Pero tranquilo ou tranquila, podese levar a frase a abondos máis…

  • Fíxome hoxe nunha nova de tódolos días

       … ao menos en Ribadeo. Un anuncio de rebaixas nos prezos das copas correspondentes. Nada novo ata aquí. O novo comeza agora: resulta que a un local lle queren meter unha multa por facelo (Sanidade, Lugo, non o concello, noooon!, e iso que necesita recaudación). Boa novidade. Non me refiro pola multa, non. Se…

  • Sobreo PXOM de Ribadeo

    …”pero ó planificar unha estrutura tan importante e na que o … invirte tantos cartos non houbo quen a integrase nun plan de …” De verdade que non sona á un comentario sobre o PXOM de Ribadeo? O texto está traído a partir dunha das últimas frases dun artigo de Suso de Toro desta fin…

  • Dúas reseñas

    Venres ás oito da noite tivo lugar o acto de información sobre a ría organizado pola Plataforma para a defensa da ría de Ribadeo e a AVV O Tesón. Unhas 45 persoas acudiron ó salón de actos da Casa do Mar para obter de primeira man información sobre o estado da burocracia sobre nave de…

  • Agora na prensa

    Valoración positiva discreta. Ese sería o resumo na prensa da sesión informativa municipal de antonte. Sen transcendencia. Con pouco público, as seis preguntas quedaron como diluídas en familia… Por iso quizáis convén pasar páxina interna en Ribadeo e ben a punto o I Certame de xóvenes músicos, que arrinca hoxe no Hernán Naval. Pode producir…