-
Dúas reseñas
Venres ás oito da noite tivo lugar o acto de información sobre a ría organizado pola Plataforma para a defensa da ría de Ribadeo e a AVV O Tesón. Unhas 45 persoas acudiron ó salón de actos da Casa do Mar para obter de primeira man información sobre o estado da burocracia sobre nave de…
-
Agora na prensa
Valoración positiva discreta. Ese sería o resumo na prensa da sesión informativa municipal de antonte. Sen transcendencia. Con pouco público, as seis preguntas quedaron como diluídas en familia… Por iso quizáis convén pasar páxina interna en Ribadeo e ben a punto o I Certame de xóvenes músicos, que arrinca hoxe no Hernán Naval. Pode producir…
-
Duro
Non fun, pero recibín a nova por dúas beiras ben diversas. A conclusión sería algo así como ‘temos un alcalde que non se merece o pobo que lle tocou en sorte’. Evidentemente, política obriga, el non o pode dicir. Eu, sen responsabilidades políticas, si. O por que: Onte, acto de explicación dun ano de xestión…
-
Ollando (tamén a BeGaSa e a outras cousas)
O pasado verán Ribadeo acolleu a mostra ‘Olladas de muller‘ (e 2) na rúa peonil. Agora, filaizando o ciclo, presentouse onte no forte de San Damián ‘Olladas de muller e lápis de home’, libro resumo da mostra, xunto coa mostra completa: o pasado ano só foran fotógrafas relacionadas con Ribadeo, mentras que este estendese a…
-
Subeu a luz
Mentras, aumentou o paro en xuño, un mes no que tradicionalmente diminúe. De paso que sube a luz, a semana pasada houbo en ribadeo varios cortes. Un deles, de un par de segundos, retrasoume nunha xestión arredor dun cuarto de hora. Xa lle preguntei a varios empresarios ou empregados polas queixas: parece que as que…
-
Cifras e letras
Cifras e letras é un xogo e un programa da tele. Cifras (números) e letras (relacionadas con eles) é o que espero tratar hoxe. 350 moteiros. Esa foi a cifra aproximada dos que se achegaron a Ribadeo este fin de semana pasado. algún máis quedou fóra da organización, pero estivo. O próximo ano espéranse 500.…
-
España 0-Alemaña 1
Neste final de mes é o máis comentado, tamén en Ribadeo. O ‘fúrbol’ coa selección española como campeona europea despois dunha corentena de anos. Noutra época diría que o máis importante é que rematou. Agora, case que tamén, se ninguén se ofende. Ven a conto o comentario anterior de que onte tiven que conter as…
-
Unha segunda de hoxe
Hai moitas novidades por Ribadeo, que coido deben ser separadas do comentario anterior. Unha, o concerto da Escola Municipal de Música e Danza Hernán Naval, que tivo novidades como unha demostración práctica e miniclase previa por parte da profesora para poder bailar unha samba, acompañados todos por a banda da escola. Como sempre, foi presentadoa…
-
Vota por Europa, vota non
A vida secreta das palabras é unha película que ó primeiro, impactoume polo título. Non quero dicir que a película en si desmereza, senón que foi o primeiro que souben dela, o título. O caso é que onte, misturado co referendo irlandés sobre o tratado de Europa, lembreina (mellor, lembrei o título) e decidín incluíla…
-
Que mala sorte!
Enténdaseme, non é que queira que perda a selección nacional (de fútbol, claro; ó 3-0 fóille rendido homenaxe aínda nas emisións francesas, por exemplo, sinal de que xogaron ben e o resultado foi merecido), pero non creo que fora en absoluto mala cousa. Dicían os romanos aquelo de ‘panem et circenses’, é dicir, ‘comida e…