Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.374 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sociedade

  • Confusións

    Á espera de recibir as próximas notas de prensa do concello, miro a prensa con certo escepticismo. O primeiro co que me atopo é a nova de que a xente que non recolla os excrementos dos seus cans será multada. Se non lembro mal, coido que non é á primeira (e pode que nin a…

  • Escapes

    A prensa ás veces non trae nas súas novas determinadas cousas. Está comprobado e dito por moitos estudosos do tema, a parte de ser evidente en pequenas comunidades como Ribadeo, que os medios de comunicación tan pronto magnifican determinadas actividades ou sucesos como minimizan ou sinxelamente ningunean outros aínda máis importantes. Onte entereime na rúa…

  • Denominación de orixe

    Enterámonos de que a faba de Lourenzá ten denominación de orixe protexida. E penso en Augas Santas/As Catedrais despois de ver atosigados dous aparcadoiros e proxectarse ampliación de prazas… Os orzamentos de Ribadeo foron aprobados en pleno antonte (abstención de PSOE e UPRi) e coido que non incluirían ningunha aprtida para algo equivalente a unha…

  • Pequenas cousas

    Un fallo na lembranza fai que do pleno dos orzamentos de onte só poda dicir que continuaba ás 21:30 en marcha, o que, apra ser un pleno extraordinario de curto recorrido, indica que non foi sinxelo, como por outra banda era de esperar. Como os medios ós que teño acceso a estas horas non me…

  • “Eu veraneo en Ribadeo”

    De pasada deixo nunha segunda de hoxe varias actividades para estes días (e despois veñen as festas), e decátome de que pode que o que lle faga falla a Ribadeo para ‘lanzarse’ no tema do turismo sexa un lema adecuado. Así, en galego, que sona ben e en verso, deixo a miña aportación: ‘Eu veraneo…

  • Novidades na blogosfera ribadense

    Dende esta páxina debemos dar a novidade de dous blog en Ribadeo, ambos en wordpress e de autores incógnitos polo momento. Un xa leva un mes camiñando (e foi referido nunha entrada anterior), http://ribadeo.wordpress.com/, aínda que parece que foi a semana pasada cando se lanzou de xeito definitivo. Parece que será adicado ás novas do…

  • Dúas horas dunha persoa con nome raro

    Esta noite en Pequín eran as 7:30 da mañá mentras aquí estabamos nas 1:30, en pleno jolgorio nouturno na rúa e locais. Alí, unha centena de homes preparábanse para dar unha mostra de voluntade ó correr o máis rápido posible 42.196m, a maratón, mentras aquí unha boa porcentaxe da xuventude comezaba xa a atiborrarse de…

  • E chegou a fin de semana

    Deixo unha ligazón: http://antoniomasipeuropa.blogspot.com/2008/08/castropol-cernuda-el-sur.html para ver outro blog máis onde se fala, na última entrada, da nave de Mirasol. coido que aínda dará que falar a nave. E paso a outras cousas: a imaxe escaneada do disco para aparcar na zona do mercado e o flleto informativo e de inscrición da marcha cicloturista desta fin…

  • A manifestación, dende dentro

        Recomendo botarlle unha ollada a ‘Masa e poder’, de Elias Canetti (en castelán hay edicións diversas, mesmo dentro das obras completas; aquí, un comentario abondo crítico co libro) para ter unha comprensión un pouco máis meditada que a miña sobre o que significa unha masa de xente, neste caso, aplicado a unha manifestación. Dende…

  • Empañando o ceo

    Aínda que onte houbo algunha que outra nova por aquí, en particular de salvamento nas praias, a nova que acompañou a toda España o 40 cabodano da invasión de Checoslovaquia polas tropas do Pacto de Varsovia prodúxose lonxe, pero non en Pequín, senón en Barajas. Un avión, un accidente, 150 mortos. E iso que o…