Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.240 posts
27 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sociedade

  • Un novo panfleto turístico

    Presento hoxe as dúas portadas do novo panfleto turístico. Ten unha presentación clásica pero gustosa. Con información e en base a debuxos, non fotos. Esta volta hai diferencia co folleto recén retirado sobre Rinlo, ou o correspondente ás Cruces (do mesmo xeito, e en espera de escanear)

  • Castelos na area

    … aquí están os resultados do concurso de castelos na area na praia de Arealonga (San Miguel, Barreiros) onte domingo. Ben, son os ‘meus’ resultados, que non sei se saíron premiados (supoño que si, había abondos máis premios que figuras) pero coido que serían os máis meritorios. Iso si, non están por orden de apreciación.…

  • A actualidade

    Onte comecei o novo blog sobre notas de prensa do concello de Ribadeo, para distinguir entre opinión, documentación, e información de única fonte. Hoxe vexo como trata a prensa a mesma nova e coido que non é mala idea separar as cousas como xa está feito, aínda que cada unha teña menos tráfico. Ribadeo parece…

  • Contrastes de cidade e campo

    As fotos amosan dúas paisaxes que comezan no campo. Unha, da zona dos Galos, no final da zona urbana contínua de Ribadeo. a outra, un dos núcleos de piñeira. Un pequeno contraste á espera do PXOM. Despois do contraste, o esperpento. Haberá quen diga aquelo de ‘teatro, puro teatro’ ó referirse á reclaqmación de 12.000…

  • A praza de abaixo, hoxe

    A conto dun comentario que me deixaron o outro día, poño hoxe un conxunto que fai de vista xeral da ‘parte de abaixo’ (zona leste) da Praza de Abaixo, co cine Colón aínda sen rematar de remozar no seu exterior. A praza de abaixo xuntaba varias diapositivas da presentación ‘Ribadeo Falls‘, que deste xeito se…

  • Nota de prensa do concello sobre Mahía

    Que conste que hai tempo que digo da responsabilidade patrimonial dos alcaldes: se o anterior tivera esa responsabilidade patrimonial, seguramente non estariamos vivindo estas ameazas por parte de Mahía. Lembro a solidariedade de O Tesón coa actual visión do concello sobre o tema, xa manifestada no blog. Cun pouco máis de alegría, a foto de…

  • Procesión do Carme

    Calquera que se achegue pola praza de abaixo poderá ver a fachada do Cine Colón xa remozada. Facíalle falta. Non sei como andará polo interior, se o van tocar ou non, pero polo exterior xa pinda doutro xeito, aínda que non lle chegue a como era antes. Pronto, foto. Hoxe é a procesión do Carme,…

  • Notas de prensa do concello 20080718

    O 9 DE AGOSTO CELEBRARÁSE EN RINLO A QUINTA EDICIÓN DA FESTA DO PERCEBE. Ribadeo, 17 de xullo de 2008. O 9 de agosto celebraráse en Rinlo a quinta edición da festa do percebe, que organiza a Agrupación de Percebeiras de Ribadeo, coa colaboración do Concello, a Delegación Provincial de Pesca e a Dirección Xeral…

  • Do pasado ó futuro, pasando polo presente

    Coido que as novas do concello-concello, unha volta postas no blog as últimas notas de prensa, non as vou tratar hoxe. Si dicir retazos pequenos de novas: que xa foi o cambio de quenda para o campus de baloncesto, a nova negativa de pacto segredo entre BNG e PP (supónse que ante a nova acusación…

  • Notas de prensa do concello

    Como non costa moito cargalas, e por fin mas envían, aí van varias notas de prensa do concello: HOXE COMENZAN OS TRABALLOS DE PINTADO DOS PASOS DE PEÓNS EN RIBADEO. Ribadeo, 14 de xullo de 2008. Hoxe comenzan os traballos de pintado dos pasos de peóns en Ribadeo, segundo ven de anunciar o alcalde, Fernando…