Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.322 posts
29 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sociedade

  • Partipación na comisión de sanidade

    Deixo a continuación a nota de prensa que da fin ó conflicto da comisión de participación cidadá en materia sanitaria na Mariña. Foi un acordo entre unhas cantas asociacións, tomado por elas mesmas como provisional, e pensando que no futuro deberá cambiar. Pero ahí está, e achegouse algo máis ós mariñás o control da xestión…

  • Un par de cousas máis sobre Amadores

    Comezo con algo alleo ó tema: por algunha estrana razón non podo meter fotos no blog, non me presenta algunha opción como a de etiquetado e podo facer ligazóns con dificultade (‘á man’), o que me impide algunha cousa que quería facer hoxe. Despois da referencia de onte a Amadores da Música, lembro que na…

  • Hoxe é nova

    Hoxe é nova o desplome que advertín eu antonte á Policía Local. Claro que, unha vez alí os equipos técnicos, advertiron que a cousa era máis grave: estaba afectada a traseira da última vivenda de Antonio Otero, onde vivía unha persoa de 60 anos, á que afortunadamente non lle pasou nada. Din os veciños que…

  • Matapiollos: Bush e Zapatero

    Despois deste últimos días de ‘política internacional económica’, síntome perpelxo co tema. Dende hai moito tempo a política déixame así, pero parece que hai momentos nos que ese ‘así’ é maior. Resulta que, para arbitrar unha política económica mundial, en Europa lánzase a idea de reunirse moitos países para deseñar as liñas. É dicir, a…

  • De domingo vai a cousa

    Finaliza o fin de semana. Despois de dar nota da nova directiva de Amadores, unhas fotos para variedades. Unha, o pantallazo que da conta dunha carta dun ribadense no El País de hoxe queixándose do servizo de correos, en España, pero tocando tamén a Ribadeo. Non o coñezo, e non sei siquiera se é ribadense…

  • Mañá, sábado

    Despois de deixar dúas novas notas de prensa do concello, sobre o parque de indianos e a recuperación das cetáreas de Rinlo (audio incluído), unha pequena entrada para lembrar un feito importante para a comunidade ribadense, incluída a parte no exilio: Mañá celébrase a asamblea anual de Amadores, e a extraordinaria despois dela, esta última…

  • Cogomelos

    Andamos na época. Martes, polo mal tempo, non poideron saír os alumnos do IES Porta da auga recollelos para logo montar a exposición. Outro día será. Mentras, na mesma horta pensada para acoller ó ‘patio de recreo’ do xeriátrico público ribadense, en Ove, un par de días antes habíaas a mansalva, só dun par de…

  • Amencendo

    Nunha crise económica como a que se nos aviciña, (ver, por exemplo, algunha nova de hoxe)pode que non sexa tan mala cousa mirar ó pasado para aprender e procurar ideas. Fáise a nivel internacional, rebuscando na crise do 29, (por certo, o 24 de outubro foi o día de referencia, de comezo da baixada que…

  • Inflacción de novas

    Hoxe descubro na prensa unha auténtica inflación de novas sobre Ribadeo. Dende o pleno ó camión que onte montaba unha grúa na rúa peonil (coido que sen as alfombras que estaban afeitos a poñer), pasando pola visita do Porta da Auga a Francia (xa pasada), as novidades/actos do servizo de prevención de drogodependencias, o aumento…

  • Pleno 20/10/2008 (II)

    O terceiro punto da orde do día do pleno de onte era a representación do Concello no grupo de desenvolvemento comarcal de A Mariña. A proposta do grupo de goberno, a solicitude de seren Fernando e M. Luz. Certamente, parecía ó comezo que foran dous representantes en troques de un e suplente para unha entidade…