Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.240 posts
27 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sociedade

  • G21 = G20 + 1

    Entérome de que Zapatero vai á ‘refundación do capitalismo’ por ‘gracia’ de Sarkozy. Teño que aledarme?

  • Fotos no derrumbe de Mirasol

    A caída do talud das naves en Mirasol non parece moita cousa, pero éo. Deixo ademáis dúas fotos para limitar as naves: pola parte baixa (leste), un pasillo entre naves que sempre me pareceu curioso. Pola parte alta (oeste), unhas escaleiras talladas e abandoadas dende hai tempo.

  • Inauguración polémica

    Non, non é a da IV Escola Fermín Penzol que hoxe se abre no Hernán Naval ás 17:30. É a do novo tramo da autovía que levará ata Barreiros e que se inaugurará hoxe. Un tramo curto (8km) que liberará a San Miguel e a San Cosme do paso de cantidade de vehículos, porque con…

  • Reportaxe fotográfica

    Mentres houbo un novo desprendemento en Mirasol, afectando a outra nave, e onte a Veiga quedou asolagada na zona do parque, o muro do frente da Costa de Juanita (é dicir, na rúa San Miguel) segue no mesmo estado que se pode ver. A notar que a caída do muro deixou ó descuberto o que…

  • Obama, novo presidente

    Unha nota breve: Obama, novo presidente dos EEUU. Será investido en dous meses, se as ameazas contra a súa vida o permiten. Mentras, entérome que non só Ferrari, senón tamén Porsche, está na ‘cresta da onda’, con ventas e beneficios marcando máximos. Cambiará algo importante este novo presidente?

  • Conexións

    Sorprendo hoxe na prensa dúas novas referidas ás arterias de comunicación viciñas a Ribadeo. Por unha beira as auto-felicitacións dalgún deputado polo avance futuro do corredor costeiro ó tempo que, pola outra, na Pontenova están que trinan co estado da N640 entre A Pontenova e o Marco de Álvare, realmente desastroso como puiden comprobar o…

  • Ferraris

    Hai non moito poñia un artigo sobre a cantidade de coches de ostentación en Ribadeo. Vexo na prensa que Ferrari, en plena crise que fai baixar a venta de coches novos en España ata un 40% (outubro 2008/outubro 2007), aumenta a súa facturación, baseada en exclusiva en coches caros, e ten xa vendida a producción…

  • Datos do uso arquitectónico en Ribadeo

    Remato de ver a Comarca (sábado 1/11/2008, nº4625) e nela un artigo de Eduardo Gutiérrez, ‘Lalo’, titulado “Unha modesta proposición para a terceira idade” no que expón como apoio á súa argumentación unha serie de datos de historia de edificios de Ribadeo, que extraio: Edificio de r/Trinidade 6. Casa particular dende os primeiros anos do…

  • Noticia: chove

    Unha revisión dos datos fáime reescribir de novo este artigo: Calquera que baixe dende o concello a Mirasol verá que non pode pasar. Non se trata do peche do Porto de Mirasol, senón do desprendemento de terra que levou por diante parte dunha nave en Mirasol. O motivo? As choivas da fin de semana, o…

  • PP, PSOE, IU

    Outro día enterámonos da condena dun alcalde de IU por insultar a el Rei. Dada a magnitude dos insultos, sen presentar ‘probas’, non é estrana a condena, a pesares de que el di que continuará para probalo. Posiblemente, igual que moitos outros, eu incluído, atoparase coa administración e o seu secretismo (ver o libro ‘Cuando…