Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.374 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sociedade

  • Post festas e agasallos de Reis do blog

    O acto do desfile de Reis marca o final das festas públicas; queda o día de Reis para as privadas, e logo, a rutina diaria. … no blog, os Reis trouxeron algunhas fotos recollidas esta mesma semana, máis unha nova e unha referencia: * o Telecentro, Rúa Antonio Otero,15, Ribadeo 27700, Teléfono: 982 120 732,…

  • Veñen os reis (magos)

    … non é unha sinal da crise, senón do despiste do mantedor do blog que este ano o díptico sexa colocaco cando xa soan os pregoeiros da cabalgata… … si é sinal de crise, dun tipo particular de crise, que os reis vaian chegar en pleno castigo israelí a Gaza.

  • Nota: Clasificacións da San Silvestre

    Avísanme que as clasificacións da San Silvestre están dispoñibles.

  • “Se non tes nada que dicir, cántao”

    Parece ser era unha das reglas seguidas polos publicistas antes da chegada masiva de internet, e segue aser usada. Decátome dela a propósito dos villancicos de Nadal en Ribadeo, 10 horas/día, festivos e horas de comer incluídos. Engadiríalle ó dito publicitario “Se aínda así non das feito, canta igual calquera cousa”, pois a comedura de…

  • Unha nova vella a ter en conta

    En Ribadeo andamos detrás da participación veciñal efectiva. Manuel Maseda pásame un jpg cunha nova que procuro despois en internet: “El concello de Ourense asigna a los vecinos un escaño“. A destacar, para os moi ilusionados, que é unha nova do 2007 e que despois non aparece noticia sobre ela. Pero pode ser unha referencia…

  • Electricidade

    Pasáronme o seguinte aviso, que reproduzo tal cual (máis adiante, noutra entrada, pode haber un comentario): ” Na mañan do 31 de decembro rexistrouse no Concello de Ribadeo un escrito asinado por 163 veciños solicitando información sobre a línea de outa tensión de 400.000 voltios e a Subestación eléctrica de 40 MVA, que acordaron o…

  • De resaca

    Hoxe as novas son da resaca do fin de ano. Parece que en Ribadeo non houbo nada grave que reseñar, nin nada anormal: segue sendo normal o horario dos fins de ano. O coche que ardeu fronte ó Gamallo Fierros, unha excepción da normalidade, pero nada máis. E a petición para o alongamento do prazo…

  • Máis sobre a S. Silvestre de onte

        Despois da referencia onte á San Silvestre, varias cousas máis, despois de lembrar de novo onde estará en breve toda a información, http://sdribadeo.info:     O primeiro na xeral (o nome, … , de Lugo) chegou en 14:49, para cubrir os 4916m (aprox, algo menos de 332 m/min, 3:01 min/km). O último, no doble de…

  • O día máis longo

    Unha curiosidade para este ano 2009. en España, o día 1 de xaneiro será o día máis longo do ano, pois durará 86401 s. O por que, un acordo internacional para aumentarlle 1 s a tódolos reloxios atómicos que forman a rede mundial de referencia en tempo. Acordouse facelo á hora 00:00:00 correspondente ó meridiano…

  • Felicitación

    Reciclo a felicitación da alcaldía para o novo ano. Cambiará moito Ribadeo este ano?