-
O porto de Ribadeo, de novo
O día 9 deixei un post sobre a carga no porto que entendo que na actualidade é abondo eficiente, pero iso non evita que poda saír algunha idea que a mellore. Nos comentarios adiantei que voltaría a tomar o tema máis adiante, se ben con poucas novidades. Dous conxuntos de fotos sobre a circunvalación…
-
Mañá hai convocada unha manifestación
Avisáronme de que mañá sábado hai convocada unha manifestación. Ás 11 diante do concello. Trátase de protestar polo “Plan Sectorial Galego de Solo Residencial “, polo que o concello sacou unha nota de prensa o día 18, e mantivo unha xuntanza informativa coido que o día anterior. Certo é que o prazo para alegacións non…
-
Armóuse o belén!
… por algo foi noiteboa. Bo Nadal co belén de Vilaselán. A notar que o neno-Deus aínda non está presente (aínda non nacera) e os reis están a comezar o seu camiño. Vese asemade que o Belén está chantado dentro doutro mundo, aínda que se tente adornar como facendo un a parte.
-
Aventura da Mariña
Aventura da Mariña é un libro novo de Eduardo Baamonde pagado polas fundacións comarcais das tres Mariña nas que hai algúns anos se dividiu a nosa Mariña. Tenta de poñer en resalte para os nenos as bondades e cousas salientables da terra, acompañado de imáxenes como as que se ven da portada e a contraportada.…
-
BMMR e Amadores da Música
Recibín hai poucos días o calendario da banda e o listado de actuacións previstas xunto coa presentación da nova directiva (bilingüe). Coido que é extensible, ao menos como propaganda, a todos.
-
De cara ó Nadal
Antonte, inicio do reparto de árbores de Nadal entre os comercios. Onte, actuacións fin de trimestre nun colexio. Hoxe, na escola municipal de música e danza. Hoxe rematan as clases nos centros de ensino antes do Nadal. Anuncian para o mércores 30 na Capela da Orde Terceira, ás 20.30 horas un concerto do grupo de…
-
Un contraste
Ocórrese ler a prensa para ver que traen de Ribadeo mentras a nova páxina do concello segue sen novas dende o 10. E a nova que trae é que os comerciantes van contribuír a pagar unha ambulancia para o Sáhara. E tamén que xa se vai poder contribuír á homenaxe a Calvo Sotelo. Ó…
-
Contradiccións … de fóra
Desde que “Brasil precisa 13 siglos para regular a Amazonia“, ata “O roscón de Reis, contra o Parlamento Europeo“, pasando por o máis triste abandono dos traballadores da UE, hoxe ven na prensa un paquete de novas que me gustaría que non foran máis que o típico engano do 28 de decembro, dos inocentes. Pero…
-
Temperatura ambiente
Onte choveu, pero non moito. Houbo vento a rachas, aínda que non tanto como outras veces. Temporal? si, ‘o normal’. Quizáis a meteoroloxía de onte veu definida polo que debe ser a tempreatura mínima este inverno ata o momento na Pedro Murias: 3,6ºC ás 9:30 da mañá do domingo. Hoxe xa parece que a cousa…
-
4 minutos: apagón de BEGASA en Ribadeo
4 minutos foi o que lle tocou ó apagón de hoxe: de 13:48 a 13:52 polo meu reloxo. Un máis a incrementar á lista. E que logo diga a empresa que está moi por riba dos niveis que lle permiten… A foto, do ceo no momento en que estaba habendo o apagón: como se pode…