Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.241 posts
27 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sociedade

  • Folleto do entroido 2009 que se achega

  • Os 170 da fama

    Anuncian que aínda seguen 170 familias sen luz. E vai para unha semana. No mesmo xornal, Begasa anuncia roubo de gasoil dos xeradores. Mentras unha nova fala de resistencia á vella usanza e ineficiencia nas empresas, a outra inclúe a picaresca de sempre, mentras avisan de novos ventos. Anuncio que en Ribadeo non se ve…

  • Votación sobre Augas Santas

    Recibín un aviso que deixo, aínda que coido que interpreto as cousas de xeito diferente a quen mas mandou: ” GALEGOS A VOTAR !!!!!! VEÑA Q GAÑAMOS!!! Telecinco ha propuesto un concurso para elegir el mejor monumento natural de España. Hace un par de dias la Playa Lucense de las Catedrales pasó a a los…

  • Primi, Mª Antonia, Telva, Mª Luz, Matilde

    Foron as protagonistas dun acto entrañable, o que significou o contar via as novas tecnoloxías un anaco das súas vidas, aderezado con fotos a modo de lembranza e con música de fondo. Unhas 50 persoas estaban no auditorio Hernán Naval onte á tarde para escoitar e ver eses trazos recollidos dende a madurez. Pode que…

  • Plan anticrise

    Por aquí sábese dos fondos do plan anticrise “de Zapatero” polas novas de prensa que van saíndo e aclarando se no rural ou no pobo se van facendo cousas; hoxe na prensa sae que en Mondoñedo a resolución vai ir a pleno. Coido que non representa moita mellora na difusión e no contar cos viciños…

  • Continuamos?

    O temporal pasou. Os destrozos quedan aínda por moitos lugares (á beira, o tellado de AROMAR caído). As queixas, tamén. Que se pode mellorar a resposta, evidente. Que non estabamos preparados, tamén. Que hai un século os destrozos terían sido vistos doutro xeito totalmente diferente, tamén, tanto pola importancia relativa que terían como pola capacidade…

  • 54-24: efectos do vento

    54, número de visitas do blog o sábado hai 15 días; 24, onte. Iso implica máis ou menos que a xente que visita o blog é maioritariamente de fóra de Ribadeo. Os residentes de Ribadeo non poideron facelo onte; a luz retornou cara ó medio día de hoxe (á casa, ás 14) O venres á…

  • Primeiro prato, algunha foto

    Unha árbore caída nas Anzas. Foi tumbada polo vento e ós viciños da casa da beira nen se enteraron. O lugar non di que sexa ventoso nin moito menos, nin da mostras de estar desprotexido (en ladeira, con casas á beira, …), pero o tamaño da árbore xa di algo.

  • De volta ó século XXI

    … despois de 39 horas sen luz, voltou. Mesmo hoxe, falaremos.

  • Previsión e principio de precaución

    Hoxe a consellería de Educación decretou día sen clase. Anoite extendíase a nova teléfono a teléfono entre profesores e alumnos. O motivo parece ser que é a mala previsión do tempo. E polo momento, ben mala, pois fai menos vento e menos frío e menos choiva que moitos outros días. Non é a primeira vez…