Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.241 posts
27 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sociedade

  • Vaia novas…

    A cadros. Así queda un despois de ler algunhas novas. Non é aquelo de novas totalmente especiais, porque multiplícanse, fánse normais e a xente non reacciona, co que perden non a capacidade de impacto, senón o impacto real. Xa levo comentadas moitas, pero de cando en vez é un exercicio voltar a facelo con algunha…

  • Campaña

    Xa comezou a campaña electoral. Alǵun retazo poñerei (como que hoxe hai mítin do PSOE), pero percurarei estar apartado… coido que a mellor campaña sería a mellora do día a día, a realidade, e non a propaganda. Pero parece que a cousa vai por outra banda. E, hoxe e mañá, filloada no parque. Parque no…

  • A influenza da difusión da información e da unión

    A lancha de aduanas levaba sen reparar, inhábil, dende novembro. Dáse a nova da queixa. Dous días despois, prensa por medio, avisan de que estará reparada en 15 días. Sempre existe a posibilidade de que fora o programado, pero non o parece. Pola outra beira da Mariña, aparece hoxe na prensa que os afectados de…

  • O noso medio

        Onte a casa da ría foi visitada por xente da Universidade de Santiago. Non o foi por José Angel Docobo, artífice das relacións no campo da astronomía entre USC e Ribadeo, senón polo Vicerector encargado de relacións institucionais, Elías Torres, o que deu lugar non a cousas concretas, senón máis ben, polo momento, a…

  • Candidaturas ó Club Náutico

    (Lembro que as imaxes se poden ampliar premendo sobre elas) actualizacións: … Por fin Coto me pasou a súa propaganda, para tela xunto coas outras. Aínda que sexa a feito pasado, queda aquí a carta, e aquí o resto (é abonda, non cabe toda ben nunha entrada) — Comentario post eleitoral … mágoa pero sigo…

  • Electricidade, custo e distribución

    Pódese entender que unha facturación sexa mensual con estimacións un mes e medidas outro? O que hai é unha tomadura de pelo na que non se quere aumentar persoal para cubrir postos a pesar das reformas legais. Begasa viña facturando cada dous meses. Agora ten que facelo cada mes. E para adaptarse non se lle…

  • De novo a voltas co mercado

    Barullo que non remata. Coido que é un xeito gráfico de describilo. Para hoxe está previsto, pola tarde, por convocatoria do alcalde, que se reuna a xunta de voceiros co fin de falar do mercado semanal dos mércores e do seu futuro. Mentras, a nota de prensa da conta de que non hai propostas formais…

  • Non é de Ribadeo…

    … pero coido que si é de interese esta parodia da entrega dos premios Goya o outro día.

  • Apoio mutuo: Sabido é que os luns …

    … son días de poucas novas, polo que soo facer uso dos artigos de opinión. Onte atopei algunhas perlas relacionadas coa crise: “Alguén debera comezar a facer chamamentos, non para que os cidadáns aumenten a súa capacidade de encaixar golpes, senón para que incrementen a súa presión para lograr que o sistema non poda voltar…

  • Suspensión

    Adxunto deixo unha copia da carta de suspensión das clases hoxe, despois do post de onte sobre a suspensión e mentras soa o vento algo máis do normal. Aparte das previsións que alí puxen, pódense ver as da Voz de hoxe, mentres as de aemet e meteogalicia seguen prácticamente sen cambios.