Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.241 posts
27 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sociedade

  • Aposta forte

    De tiras e afloxas pásase xa á protesta procurando apoios. O mercado dos mércores, inactivo excepto unha pequena representación de produtos da horta, pasa a unha nova fase ó convocar os comerciantes unha manifestación para o día 11, unha volta calmado o tema das eleccións. Esperan que os ribadenses os apoien. E creo que se…

  • Antroido, último día

    Mañá, cinza. Por iso, un sorriso non está de máis… Os selos dunha nova colección de correos arrinca ese sorriso. E, despois da purga de antroido e comezo de coresma, continúa a vida (tamén a do blog, xa máis normal)

  • Unha vista do ¿parque?

    O mexadoiro de King Kong, os ferros da estrutura da carpa, unha vez máis, os paneis dunha exposición de fotos sobre o camiño (as fotos son bonitas, pero aínda me estou a preguntar que aportan), un pouco máis aló, as camas elásticas… o parque de Ribadeo, unha volta máis, ocupado.

  • Regulamento de participación cidadá

    O xoves 19, O Tesón presentou no concello a proposta dun borrador de Regulamento de Participación cidadá. Pode verse aquí (blog de O Tesón).

  • Convocatoria do Consello Sectorial da Muller

    Onte, venres 19, ás 20:30, estaba convocado o Consello Sectorial da Muller, coa orde do día de información das actividades a desenvoltar no primeiro semestre do ano e o traballo en comisións.

  • Información

    Din que a información é a clave do poder. Pasáronme onte (grazas, Teresa) unha ligazón moi interesante sobre a información, pois da portadas e ligazóns a periódicos de todo o mundo: http://kiosko.net/.Ou de España. Ou do norte da península (por certo, aquí noto unha falta que incumbe á zona, debido quizáis ó xeito de publicación…

  • Congreso sobre o Camiño Norte

    Deixo as imaxes correspondentes a varias páxinas do folleto do Congreso sobre o Camiño Norte que terá lugar en Mondoñedo (xoves) e Ribadeo (venres e sábado)

  • Pasou o mércores

        E con el, as especulacións desta semana sobre o mercado. Hoxe, nova xuntanza dos políticos. E mentras algún xornal comeza a falar do ‘extinto mercado’, onte os cochea aparcaron no lugar e foron multados. Claro, se non hai mercado … pero o caso é que si, aínda que poucos vendedores se dispuxeron, os labregos…

  • XUNTANZA DE VECIÑOS AFECTADOS POLA LIÑA DE OUTA TENSION

    Nota de prensa recibida. O pasado luns, 16 de Febreiro, celebrouse unha nova xuntanza de veciños afectados pola liña de outa tension que proxectan o concello de Ribadeo, BEGASA, a conselleria de Industria e SEPES. En realidade deberamos decir “presuntamente” afectados, porque o trazado da liña segue a ser un secreto. Nesta xuntanza trataronse varios…

  • A moda de A Ponte de Arante

    Hai algún tempo xurdiu en Ribadeo a moda das viaxes en tren para a terceira idade. Os nosos maiores recorreron a bisbarra feveada dun ó outro confín. Non estou seguro de que a moda xa caducara: no inverno estas cousas baixan de intensidade, aínda que non corren bos tempos para as subvencións pertinentes. Agora remata…